PDI: Tilandra no camiño

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende a escola debemos adicar tempo e esforzo propoñendo e desenvolvendo actividades que axuden a que a sociedade sexa máis xusta e igualitaria. Nas aulas elaboramos pegadas con lemas a favor dun Camiño en Igualdade, que debemos comenzar a percorrer dende aquí.

 

 

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Co gallo do MES DA CIENCIA EN GALEGO, ao longo do mes de novembro, o noso alumnado desenvolveu diferentes experimentos.

En 4º de Ed. Primaria, descobren como se forma a erupción nun volcán.

En 1º de Ed. Primaria, experimentan o cambio de cores nas flores.

En 2º de Ed. Primaria, constrúen estructuras tridimensionais con palillos e plastilina de cores.

En 4º de Ed. Infantil, descobren que hai dentro das nubes a través do experimento Facemos chover.

En 5º de Ed. Primaria, convértense en youtubers de ciencia.

En 6º de Ed. Infantil, dentro do proxecto do Sistema Solar experimentan coa "area lunar".

Proximamente máis experimentos..!

Taller de Heráldica

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de E.P. participaron no obradoiro de heráldica organizado por un equipo pertencente ao Instituto do Padre Sarmiento. As monitoras introduciron a actividade dando información dos escudos, como se elaboraron e cales son os diferentes tipos. Seguidamente entregaron a cada nen@ unha carpeta co material necesario para que cada un fixera o seu propio escudo. Valoramos positivamente a actividade que os alumn@s desfrutaron moito.

 

MAGOSTO 2021

A véspera de San Martiño o centro en colaboración coa ANPA celebrou o Magosto. O seguinte vídeo amosa o ben que o pasaron os nenos e as nenas do colexio. Como novidade un castañeiro foi o encargado de asar ricas castañas.

 

AS ANDAINAS DOS MONIFATES E DON GAIFEIROS

 

O mércores desta semana, tivemos unha visita moi divertida .Os Monifates agasalláronnos cun espectáculo onde o alumnado desfrutou da súa actuación. Un carromato tirado por dous músicos , os cales ao mesmo tempo que interpretan música tradicional galega fan que uns monicreques danzantes bailen sen parar. Os monifates no camiño, cóntannos a historia de Don Gaiferos e os seus amigos.

 Velaquí tedes unha pequena mostra do acontecido.

CONTOS PARA O OUTONO

Neste primeiro trimestre a biblioteca do centro acolle uns contacontos moi especiais. O nenos e nenas de quinto e sexto de educación primaria, elixiron e prepararon uns contos para lerlles aos máis pequerechos do colexio.

A CASTAÑA MONSTRUOSA

Unha das actividades que desfrutamos nestas semanas de outono, foi a segunda edición do concurso A Castaña Monstruosa. Mirade que debuxos máis fermosos presentaron os nenos e nenas do colexio, para participar nel.

ENTREGA DE AGASALLOS ÁS GAÑADORAS

Celebrando O Samaín

Para rematar a Semana Terrorífica nos Tilos, o venres 29 os nenos e nenas disfrazáronse de bruxas, esqueletos, morcegos...Foi unha mañá moi divertida e a ledicia invadiu as aulas. 

 

Exposición de Samaín

O Samaín é unha festividade celta que marca o remate do verán e o comezo do inverno. As carautas e disfraces formaban parte da festa  e implicaban que as persoas ían de porta en porta recitando versos en troques de comida. En Galicia é tradición tallar cabazas, e cada ano os nenos e nenas do colexio decoran os corredores con elas. Este curso a talla de cabazas adaptouse ao proxecto Tilandra no camiño. Esta é unha mostra do traballo realizado polo alumnado e as súas familias.

 

SAMAÍN 2021

No documento adxunto atoparedes as instruccións para a celebración.

Powered by Drupal - Design by artinet