PDI: Investiga Teo con Tilandra

O alumnado de 2º B expón os seus traballos sobre o Concello de Teo

Do 21 ao 24 de maio, na biblioteca do cole, tivo lugar a exposición dos traballos realizados polo alumnado de 2º B de Primaria sobre o Concello de Teo. O alumnado, repartidos en grupos de 4 nenas e nenos, encargáronse de estudar dúas ou tres parroquias do Concello.

Estes traballos fixéronse nas casas coa colaboración das familias. Unha vez rematados cada grupo amosoulle aos seus compañeiros e compañeiras o libro que fixeron e expuxéronlles a información recollida.

Moitas grazas ás familias pola colaboración e por ensinarnos tantas cousas sobre as parroquias do noso Concello.

 

"PiraTeo"

O 21 de maio o alumnado de Edcación Infantil participou na actividade de dinamización: "PiraTeo". Esta actividade, que se desenvolveu na carballeira do cole,  tiña como fin divulgar e dar a coñecer os espazos naturais e culturais do Concello de Teo a través das personaxes de "Tuco e Saruco" e os piratas de río.

Os nenos e nenas de 3, 4, e 5 anos participaro nun contacontos dramatizado onde coñeceron a "Tuco e saruco" para despois transformarse en "auténticos" piratas de río e participar nun xogo de pistas interactivo "Na procura do tesouro".

 

Visita de Paula Carballeira

Seguindo coas visitas relacionadas co PDI "Investiga Teo con Tilandra", o martes, día 8 de maio, o alumnado de 3º de Primaria recibiu a visita da autora e actriz Paula Carballeira. Esta veciña do lugar de Vilanova, no Concello de Teo, contounos cousas da súa infancia, do seu amor polos animais e narrounos unha historia de medo.

Fíxonos pasar uns momentos moi agradables!!!!

Moitas grazas pola túa visita!!!

Descubrimos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" da man de Candela, Luna, Martina e Sofía

Candela, Luna, Martina e Sofía, alumnas de 2º A, amósannos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" no Concello de Teo.

Parabéns polo voso traballo!!!

Visita a Meteogalicia

O mércores, día 4 de abril, o alumnado de 5º de Primaria visitou o centro de Meteogalicia en Santiago.

Durante a súa visita, o alumnado participou nunha sesión informativa sobre Metereoloxía e aparatos metereolóxicos e tamén sobre o ruido ambiental.

Asemade, tiveron a oportunidade de asistir a como se fai o pronóstico do tempo, en directo, nun medio de comunicación, neste caso na radio así como ao lanzamento dun globo sonda.

Esta actividade está relacionada co PDI: "Investida Teo con Tilandra" xa que o alumnado de 5º está a investigar todos os aspectos relacionados coa xeografía, clima, economía,... do noso Concello.

Obradoiro: Instrumentos musicais galegos

O día 15 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro de instrumentos musicais galegos. Neste obradoiro o alumnado aprendeu a diferenciar entre instrumentos tradicionais e populares asi como o ritmo de distintas danzas galegas.

"Mulleres de Teo": 8 de marzo Día Internacional da Muller

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Este ano dado que estamos a desenvolver o PDI sobre o noso Concello, este día adicámollo a todas as mulleres deste concello.

Baixo o título: "Mulleres de Teo" o Equipo de Biblioteca confeccionou un gran cartaz con algunhas imaxes de mulleres destacadas deste Concello. Ao longo da semana este cartaz irase completando con fotos de todas aquelas mulleres que son importantes para o noso alumnado e que residen no noso Concello.

cartaz_muller

"Estampas de Teo a través dos poemas de Rosalía de Castro"

O 24 de febreiro un ano máis, xunto cos demais equipos do centro, celebramos o Día de Rosalía. Dende a biblioteca escolar quixemos sumarnos a esta celebración. Aproveitando que estamos traballando no PDI: "Investiga Teo con Tilandra" e dado que este concello conta cunha gran riqueza paisaxística quixemos rendir unha pequena homenaxe a esta autora a través da paisaxe teense.

 

Os atranques de 1º de Primaria

Desfile Entroido 2018

O día 9 de febreiro tivo lugar no noso centro o desfile do Entroido. O tema central foi o Entroido da Ulla. Aquí vos deixamos un pequeno resumen de como transcurriu a xornada.Preme no recadro para velo.

Powered by Drupal - Design by artinet