DÍA DA PAZ 2022

Coa celebración do Día Escolar da Non -Violencia e a Paz, queremos promover entre o noso alumnado os ideais de Paz para avanzar cara unha sociedade máis xusta e construir un futuro mellor.

Comecemos sendo cordiais entre todos nós: dar os bos días ás persoas coas que nos cruzamos, regalar sorrisos en vez de malas caras ou ensinar a dar as grazas son pequenos xestos que favorecen a convivencia e a resolución de conflictos.

Todo o alumnado participou nas actividades desenvolvidas nas aulas e na gravación da canción “A Paz é o Camiño.

Dado que no centro están escolarizados alumnos de distintas nacionalidades,

eles mandan a súa mensaxe de Paz na lingua do seu país de orixe.

Deste xeito o noso alumnado adquire coñecementos, actitudes e competencias para o desenvolvemento como cidadáns globais e críticos comprometidos cos seus dereitos e cos dos outros.

 

Powered by Drupal - Design by artinet