Xullo 2016

Letras Galegas 2016

Do 9 ao 16 de maio celebramos a Semana das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Manuel María. 

Se queres saber máis del preme na imaxe:

Cada aula, a proposta do EDLG, escolleu un poema do autor para ilustralo. O día 16 cada aula amosoulle o seu traballo aos demais compañeiros. A celebración rematou cun baile e a canción "A Fala".

 

DÍA DO LIBRO 2016: APADRIÑAMENTO DE LECTORES

No mes de abril celebramos o Día do Libro. Un curso máis celebrámolo coa actividade "Apadrñamento de lectores" no que o alumnado de 6º, 5º e 4º lelle ao alumnado máis pequeno do centro.

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. Cada aula fixo unha pequena investigación sobre algunha muller importante o que destacase no país que estaban a estudar.

Aquí tedes unha pequena presentación de mulleres que fixeron historia.


 

 

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALIA

O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía Castro no noso centro.

ENTROIDO 2016

O día 5 de febreiro celebramos o Entroido no noso centro. O tema escollido este curso foi: "un Entroido multicultural",  estaba relacionado co proxecto documental integrado: " O mundo é grande". Pasa o rato por riba do mapa e preme nos enlaces sinalados para ver o desfile das diferentes aulas. Preme enriba do Xeneral do Ulla para ver un "atranque" do Entroido da zona de Teo.

 

 

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de Xaneiro celebramos o Día escolar da Paz e non violencia. Este curso o lema foi: "A Paz está nas nosas mans e nos nosos corazóns". Todo o alumnado participou no confección dun gran cartaz no que foi poñendo as súas mans pintadas e corazóns. Asemade cada aula escribiu nun bocadillo a palabra paz no idioma do país que estaba estudando. 

 

 Tamén lemos o poema de Gloria Fuertes "Sólo tres letras" nos idiomas galego, castelán, inglés, francés e árabe. Rematamos o acto cantando todos xuntos a canción de Mamá Cabra "O mundo é grande" que da título ao proxecto documental integrado que traballamos ao longo de todo o curso.

 

 

NADAL 2015

Este curso no Nadal cada aula  escribiu nunha estrela a expresión "BO NADAL" na lingua do país que elixiu.

Powered by Drupal - Design by artinet