Ao longo do curso 2022 – 2023, desenvolverase un novo Proxecto Documental Integrado titulado ”Diferentemente Iguais”.
A través dos contos, tratarase de inculcar entre o alumnado o respecto polas diferenzas entre iguais e a convivir de xeito pacífico cos compañeiros e co profesorado nas actividades educativas diarias. Para acadar estes obxectivos, dende a Biblioteca e, en colaboración co resto dos equipos, deseñaranse actividades nas que poida participar toda a Comunidade Educativa.