CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2023. XINCANA DAS LETRAS

O luns 15 de maio celebramos as Letras Galegas no cole. Elaboramos unha xincana con dúas temáticas principais:

- Traballo final do PDI:" Diferentemente Iguais"

- Conmemoración do escritor elixido pola Real Academia Galega no ano 2023: Francisco Fernández del Riego.

Xincana: o alumnado comezou nunha etapa e desprazouse polos diversos postos, onde se abordaba unha actividade distinta. Previamente á Xincana das Letras os nenos e nenas do cole, traballaron nas aulas a traxectoria de Francisco Fernández del Riego: escritor, editor e intelectual galego que adicou gran parte da súa vida a promover a cultura galega. Artífice da Editorial Galaxia e precursor do Día das Letras Galegas.

Agradecer ao alumnado de sexto de Ed. Primaria  a súa axuda, xa que colaboraron como guías dos máis cativos do colexio.

Comezamos a Xincana pintando a Miró e xogando aos "Pitos cegos".

Na segunda etapa: En zancos ata o San Martiño.

Na terceira etapa: Photocall de "Wonder" e do "Monstro de cores".

Etapa 4: Xogos das letras.

-Memory de instrumentos musicais galegos: pandeireta, tambor, bombo, gaita...

-Puzzles de refráns galegos.

-Puzzles de Francisco Fernández del Riego.

-Circuitos: "As fabas de Lourenzá".

 Etapa 5: Francisco Fernández del Riego.

-Collage

-Marcapáxinas

-Portada do libro

 

 Etapa 6: Deseña a túa chapa.

 Etapa 7: Música galega. 

Nesta etapa contamos coa colaboración  de Óscar, Helena e María que interpretaron cancións populares galegas, acompañadas de diferentes instrumentos. Aquí o alumnado coñeceu distintos instrumentos tradicionais e puideron  tocar as cunchas.

 

Como remate de festa contamos coa visita da Asociación Arcostilos. As pandereteiras da asociación, interpretaron distintas pezas musicais de tradición oral dentro da nosa música. De seguido, convidaron ao alumnado a cantar con elas: "A saia da Carolina". 

Preme na seguinte imaxe e accederás á galería.

Powered by Drupal - Design by artinet