Día de Rosalía: #cumpriuseaxustiza

Un ano máis en colaboración coa AELG, participamos na conmemoración do Día de Rosalía de Castro. Tomando como referente o lema “Cumpriuse a Xustiza”, deseñamos unha serie de actividades axeitadas aos distintos niveis educativos.

En Educación Infantil e no 1º e 2º ciclo de Educación Primaria, buscaron fotografías a través das cales expresaban as súas emocións aos que lles engadían un texto (palabra, frase ou poesía) .

En 5º e 6º de Educación Primaria, as actividades iban encamiñadas a que o alumnado tome conciencia das inxustizas do mundo que nos rodea. Para iso, buscaron imaxes de conflictos bélicos ou da migración no mundo.

Powered by Drupal - Design by artinet