fIN DE CURSO

Para rematar o curso, no colexio realizamos distintas actividades:

-En relación ao proxecto deste curso "Tilandra no Camiño", tivemos unha visita dun músico que nos introduciu na música do Camiño. A  través das súas pezas musicais, o alumnado familiarizouse cun instrumento medieval: a zanfona; e con historias contadas oralmente, que viaxaban a través das cantigas  da època.

-En colaboración coa ANPA COVAS, tivemos a visita do músico de Santiago de Compostela, Paco Nogueiras. O máis cativos do colexio, bailaron e cantaron ao ritmo das súas cancións.

Resultado de imagen para paco nogueiras

-Por fin puidemos desfrutar da xincana preparada con tanta ilusión por mestr@s e alumnado do centro. Unha xincana adicada ao Camiño de Santiago: a súa historia, con diferentes etapas donde os nenos e nenas a través dos xogos coñecían un pouco máis da historia de Don Gaiferos, da Batalla de Cacheiras, dos símbolos do Camiño, da indumentaria dos antigos e dos modernos peregrinos...Pasamos unha mañá super divertida, como remate final de curso.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet