"Jerusalema Challange"

A principios de novembro, dende o CEIP PLURILINGÜE OS TILOS, propuxémonos levar a cabo un reto, o "Jerusalema Challange". Dito reto fíxose famoso polo baile realizado po runs nenos e nenas dun orfanato de Angola, África. Nel podíase ver como cativos de tódalas idades bailaban o son dunha canción. Dende o Centro quixémonos sumar a este reto, para poder desfrutar non só da danza africana, senón tamén, do traballo en equipo. Ademais de pór unha pouca de luz, nun momento tan escuro.

Foi un mes e medio intenso, de ensaios e posteriormente gravacións, que deu como resultado, non só o video que veremos a contiuación, senón unha actividade donde tódolos nenos e nenas o pasaron xenial de principio a fin.

Queriamos aproveitar ese video para poder desexarvos, dende o CEIP Plurilingüe Os Tilos, que pasedes unha boas festas e un feliz e mellor 2021.

 

Concurso de Postais de Nadal Concello de Teo 2020

Relación do alumnado do CEIP Plurilingüe Os Tilos premiado no Concurso de Postais de Nadal Concello de Teo 2020:

Categoría B: Primeiro Grupo (1º, 2º e 3º de primaria). ACCÉSITS

SOFÍA SARMIENTO MIGUÉNS - CEIP PLURILINGÜE OS TILOS 2º A

 

 

1º PREMIO: ANDRÉ LOPEZ CALLE - CEIP PLURILINGÜE OS TILOS, 1º DE PRIMARIA

 

 

CATEGORÍA C: SEGUNDO GRUPO (4º, 5º E 6º DE PRIMARIA)

2º PREMIO: CARMEN GARCÍA-MALVAR VIDAL - CEIP PLURILINGÜE OS TILOS 5º A

Emocións e Arte polo Nadal

 Este Nadal é diferente a calquera outro, pero aínda así, dende o colexio tratamos de dar a maior normalidade posible a esta situación polo benestar do noso alumnado e, en xeral, de toda a Comunidade Educativa.

 Os distintos equipos de dinamización en colaboración co resto do profesorado deseñaron e desenvolveron unha serie de actividades para a celebración do Nadal.

 As actividades foron deseñadas en consonancia co Proxecto EmocionArte con Tilandra. Desenvolvéronse ao longo da segunda quincena do mes de novembro e decembro:

   -Ambientación con elementos decorativos propios do Nadal aportados polo alumnado.

   -Arte relacionada coas emocións e co Nadal.

   -Selección de libros para os distintos niveis educativos; recomendacións lectoras.

   -Concurso Postais de Nadal.

   -Actividades conxuntas de todo o alumnado e profesorado, como a gravación do vídeo "Jerusalema".

Na web do centro atópanse recollidas todas elas. E aquí deixamos algunhas imaxes.

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Ademáis de desexarvos unhas Felices Festas, deixamos unha guía de lectura que elaboramos no centro. Esperamos que atopedes nela o mellor agasallo do Nadal. Non esquezades que un libro é un bo amigo. Bo Nadal!

 

Certame de poesía ANOMAR

Os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria participaron no certame de Poesía da Asociación Anomar. Ao longo do mes de novembro traballaron a composición de poemas en lingua galega e libremente optaron por presentarse ao concurso. Cal foi a nosa sorpresa que un alumnno do centro resultou premiado.

Noraboa a Iván Fernández Montero.

Parabéns!

Deixamos o enlace da Voz de Galicia onde se recolle un artigo sobre a entrega de premios.

https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/teo/2020/12/07/dos-alumnos-teo-santiago-reciben-premio-certamen-poesia-anomar/00031607350590137271403.htm

 

Este foi o poema premiado.

 

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Ao longo de novembro celébrase o mes da "Ciencia en Galego". O alumnado participou en distintas actividades nas aulas. Aquí deixamos algunhas delas.

O nenos e nenas de sexto de Ed. Primaria experimentaron con Scratch.

Scratch manexa unha linguaxe de programación orientados aos nenos e adolescentes. Permítelles crear historias interactivas, animacións, xogos...

O alumnado de 1º de Ed. Primaria , manipulou na aula distintos obxectos para coñecer a flotación. Descubriron cales dos obxectos presentados afunden e cales aboian. Con esta actividade os nenos desfrutaron aprendendo.

 

24 de Outubro: Día das Bibliotecas Escolares

Actividade: Para conmemorar esta data, cada nivel elabora un marcapáxinas no cal están presentes as temáticas do proxecto: arte, emocións e Mafalda como homenaxe o seu creador Quino falecido recentemente.

 

EmocionArte con Tilandra

Ao longo do curso 2020-2021,no colexio estamos desenvolvendo o proxecto “EmocionArte con Tilandra”.

A elección desta temática baséase na Educación Emocional como un proceso educativo continuo que lles axudará aos alumnos-as a desenvolver a súa personalidade e a súa intelixencia en distintas situacións da vida.

Dada a situación de pandemia que estamos vivindo, consideramos de vital importancia fomentar entre o alumnado a empatía, actitudes positivas e habilidades sociais que favorezan o seu benestar persoal e social.

Traballamos as emocións a través da Arte, dado que Arte é Emoción, e como tal, unha potente ferramenta para desenvolver nos nenos-as a conciencia emocional.

 

Actividade: Cada grupo-clase representa a través de Tilandra a emoción elixida. Unha vez rematadas, péganse na Arbore das Emocións elaborada para o proxecto.

 

 

BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA PARA OS MESTRES-AS

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
BIBLIOGRAFIA BIBLIOTECA.odt24.55 KB

Novo Blog

Novo blog da ANPA "Cobas"

https://anpacobas.wordpress.com/

 

Powered by Drupal - Design by artinet