Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
24 de Outubro: Día das Bibliotecas Escolares |
Actividade: Para conmemorar esta data, cada nivel elabora un marcapáxinas no cal están presentes as temáticas do proxecto: arte, emocións e Mafalda como homenaxe o seu creador Quino falecido recentemente.
|
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO |
Ao longo de novembro celébrase o mes da "Ciencia en Galego". O alumnado participou en distintas actividades nas aulas. Aquí deixamos algunhas delas. O nenos e nenas de sexto de Ed. Primaria experimentaron con Scratch. Scratch manexa unha linguaxe de programación orientados aos nenos e adolescentes. Permítelles crear historias interactivas, animacións, xogos... |
Emocións e Arte polo Nadal |
Este Nadal é diferente a calquera outro, pero aínda así, dende o colexio tratamos de dar a maior normalidade posible a esta situación polo benestar do noso alumnado e, en xeral, de toda a Comunidade Educativa. Os distintos equipos de dinamización en colaboración co resto do profesorado deseñaron e desenvolveron unha serie de actividades para a celebración do Nadal. As actividades foron deseñadas en consonancia co Proxecto EmocionArte con Tilandra. Desenvolvéronse ao longo da segunda quincena do mes de novembro e decembro: -Ambientación con elementos decorativos propios do Nadal aportados polo alumnado. -Arte relacionada coas emocións e co Nadal. |
Concurso de Postais de Nadal Concello de Teo 2020 |
Relación do alumnado do CEIP Plurilingüe Os Tilos premiado no Concurso de Postais de Nadal Concello de Teo 2020: Categoría B: Primeiro Grupo (1º, 2º e 3º de primaria). ACCÉSITS SOFÍA SARMIENTO MIGUÉNS - CEIP PLURILINGÜE OS TILOS 2º A
1º PREMIO: ANDRÉ LOPEZ CALLE - CEIP PLURILINGÜE OS TILOS, 1º DE PRIMARIA
CATEGORÍA C: SEGUNDO GRUPO (4º, 5º E 6º DE PRIMARIA) |
8 de marzo. Día Internacional da Muller |
O día 8 de marzo do 2021 celebramos o Día Internacional da Muller co lema "Mulleres Líderes nas Artes" en consonancia co PDI "Emocionarte con Tilandra". Coas actividades desenvolvidas poñemos en valor os grandes esforzos que realizan as mulleres e nenas de todo o mundo para forxar un mundo mellor e máis igualitario e recuperarse da pandemia da Covid 19. |
Actividades desenvolvidas co PDI: "EmocionArte con Tilandra" |
O Equipo de Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e outros equipos do centro, ao longo deste curso deseñamos unha serie de actividades relacionadas co PDI: "EmocionArte con Tilandra". Todo o alumnado e todo o profesorado, e, en xeral, toda a Comunidade Educactiva, participaron no desenvolvemento das actividades propostas. Aquí un resumo feito polo noso alumnado:
|
Visita de Pere Tobaruela. |
O mércores 16 de marzo, visitou o colexio o escritor Pere Tobaruela. O nenos e nenas de quinto A e B de educación primaria, desfrutaron dunha fructuosa e interesante charla. Poideron coñecer e intercambiar opinións sobre os diferentes libros do autor, especialmente o lido polo alumnado: "Formigas, Misión camiño de Santiago". Unha lectura que serviu para ampliar os coñecementos que abordamos neste curso, dentro do Proxecto de centro "Tilandra no camiño".
|
Entrevistas peregrinas |
O alumnado de quinto de educación primaria prepararon unhas entrevistas para distintos persoeiros da época medieval, personaxes que destacaron pola súa aportación ao Camiño de Santiago.
|
OBRADOIRO MUNDO BICHOS |
Ao longo da semana, visitaron o colexio uns seres pequerechiños que nos sorprenderon. Poidemos tocar: tarántulas, alacráns, insectos pao, insectos folla, vacalouras...Miguel Santamaría, entomólogo santiagués, acercou ao alumnado do colexio ao mundo dos invertebrados. Velaquí tedes unhas imaxes divertidas sobre o acontecido.
|
BAILE DAS LETRAS |
Ao longo do mes de maio, e coa axuda da mestra de Educación Musical, os nenos e nenas do colexio dos Tilos, prepararon unha coreografía dunha canción das Tanxugueiras.
|
PAKOLAS |
No día de hoxe tivemos unha visita moi bailadeira. O autor, musico e compositor Paco Cerdeira achegouse ao noso cole, a presentarnos o seu espectáculo "Rockeando con Ramona Órbita". Velaquí tedes unha pequena mostra do acontecido. A vindeira semana subiremos máis imaxes a galería da web. |
PDI: Diferentemente iguais |
Ao longo do curso 2022 – 2023, desenvolverase un novo Proxecto Documental Integrado titulado ”Diferentemente Iguais”. A través dos contos, tratarase de inculcar entre o alumnado o respecto polas diferenzas entre iguais e a convivir de xeito pacífico cos compañeiros e co profesorado nas actividades educativas diarias. Para acadar estes obxectivos, dende a Biblioteca e, en colaboración co resto dos equipos, deseñaranse actividades nas que poida participar toda a Comunidade Educativa. |
MAGOSTO 2022 |
O pasado xoves, 10 de novembro celebramos o magosto no colexio. Comezamos cunha xornada de xogos: zancos, rá, a pita cega, aros, bolos, carreiras con castañas...O alumnado de sexto colaboraron como monitores e as distintas aulas rotaban nos xogos. Foi un día de diversión para os nenos e as nenas do centro. Para rematar o día, degustamos unhas ricas castañas asadas (actividade en colaboración coa ANPA). Velaquí tedes o acontecido, preme na seguinte imaxe. |
PRESENTACIÓN DO LIBRO: "ESTRELAS GALEGAS DA CIENCIA" |
O venres 16, o alumnado de sexto de Ed. Primaria tiveron a visita de Maite Vence e Manuel Vicente para presentarnos o libro "Estrelas Galegas da Ciencia". Unha historia de persoeiros e achados asombrosos. É un libro para nen@s, ilustrado de ton divulgativo e divertido, que pretender explicar a historia da ciencia feita en Galicia e a dos seus persoeiros e achados científicos máis significativos. |
RECOMENDACIÓNS LECTORAS |
Aquí vos deixamos as nosas recomendación lectoras para o Nadal 2022. Atoparedes suxestións para os máis pequerech@s, para os median@s e para @s maiores do colexio. Todas as lecturas teñen a temática do PDI deste curso: Diferentemente iguais. Esperamos que desfrutedes do tempo de lecer cun bo libro. Bo Nadal! |
Asistencia a Regueifesta |
En colaboración co departamento de Dinamiación Lingüística do Concello de Teo, o alumnado de sexto, asistiu ao Auditorio de Galicia á festa das regueifas: A Regueifesta. Trátase dunha actividade didáctica impulsada polos proxectos Enreguéifate e Regueifesta que procura a participación da comunidade escolar na difusión da regueifa e da improvisación oral en verso. No encontro, interviron rapazas e rapaces que participaron no concurso, así como alumnado de Euskadi e de Catalunya, que improvisaron ao xeito do bertsolarismo e da glosa. Dinamizaron o acto Sechu Sende, Manolo Maseda, Lupe Blanco e Olalla Liñares. O alumnado desfrutou dunha mañá moi enriquecedora para a nosa lingua.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6