Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
ENTROIDO 2021 |
Un ano máis o Entroido chegou ao colexio dos Tilos, aínda que dun xeito diferente ao que estabamos acostumados. A Pandemia obrigounos a modificar algunhas das actividades que eran costume no colexio, como o "Gran desfile Carnavaleiro", pero aínda así puxemos ilusión e ganas. Con Van Gogh e Frida como pintores de referencia, os nenos e nenas conseguiron os mellores e vistosos disfraces; facendo gala da súa alegría e ganas de troula. Entre todos conseguimos esquecernos por uns días desta situación. |
Semana das LETRAS GALEGAS (10-14 de maio de 2021) |
O Ceip Plurilingüe Os Tilos súmase como cada 17 de maio á celebración das LETRAS GALEGAS, este ano adicadas a Xela Arias. Para conmemorar tal data, as nenas e nenos prepararon a danza dunha muiñeira para, xunto co emprego do galego, fortalecer e divulgar o noso pratimonio artístico e cultural.
|
Actividades desenvolvidas co PDI: "EmocionArte con Tilandra" |
O Equipo de Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e outros equipos do centro, ao longo deste curso deseñamos unha serie de actividades relacionadas co PDI: "EmocionArte con Tilandra". Todo o alumnado e todo o profesorado, e, en xeral, toda a Comunidade Educactiva, participaron no desenvolvemento das actividades propostas. Aquí un resumo feito polo noso alumnado:
|
PDI 2021/2022: TILANDRA NO CAMIÑO |
Ao longo do curso 2021 – 2022 desenvolveremos no centro o P.D.I. “Tilandra no Camiño”. Un dos obxectivos deste proxecto é achegar o Camiño de Santiago ao noso alumnado. |
TILANDRA PEREGRINA |
Un curso máis, chega o momento de pór en marcha o Proxecto de centro: Tilandra no camiño. A primeira actividade que plantexamos foi o debuxo da mascota da biblioteca. Tilandra está preparada para camiñar, pero non un camiño calquera, senon: O CAMIÑO DE SANTIAGO. Así que pedímoslle ao alumnado de quinto e sexto que debuxaran a Tilandra peregrina. Estes foron algúns dos debuxos.
E aquí temos a nosa Tilandra Peregrina. |
Celebrando O Samaín |
Para rematar a Semana Terrorífica nos Tilos, o venres 29 os nenos e nenas disfrazáronse de bruxas, esqueletos, morcegos...Foi unha mañá moi divertida e a ledicia invadiu as aulas.
|
DÍA DA PAZ 2022 |
Coa celebración do Día Escolar da Non -Violencia e a Paz, queremos promover entre o noso alumnado os ideais de Paz para avanzar cara unha sociedade máis xusta e construir un futuro mellor. Comecemos sendo cordiais entre todos nós: dar os bos días ás persoas coas que nos cruzamos, regalar sorrisos en vez de malas caras ou ensinar a dar as grazas son pequenos xestos que favorecen a convivencia e a resolución de conflictos. |
Visita de Pere Tobaruela. |
O mércores 16 de marzo, visitou o colexio o escritor Pere Tobaruela. O nenos e nenas de quinto A e B de educación primaria, desfrutaron dunha fructuosa e interesante charla. Poideron coñecer e intercambiar opinións sobre os diferentes libros do autor, especialmente o lido polo alumnado: "Formigas, Misión camiño de Santiago". Unha lectura que serviu para ampliar os coñecementos que abordamos neste curso, dentro do Proxecto de centro "Tilandra no camiño".
|
SEMANA DA PRENSA |
Do 7 ao 11 de marzo é a data fixada como "A semana da Prensa", aínda que ao longo de todo o curso, traballamos con diferentes recursos para integrar aos medios de comunicación na aulas. Nas distintas áreas lingüísticas, o alumnado elabora noticias, analiza novas que aparecen na prensa relacionados con distintos temas, prepáranse preguntas para unha entrevista, recompílanse novas para elaborar un mural... Imos a reflectir nesta páxina algúns dos traballos realizados para a conmemoración. -O alumnado de quinto realizou unha entrevista a Pere Tobaruel e exerceron o labor de maquetar coma se fose un xornal. |
Entrevistas peregrinas |
O alumnado de quinto de educación primaria prepararon unhas entrevistas para distintos persoeiros da época medieval, personaxes que destacaron pola súa aportación ao Camiño de Santiago.
|
OBRADOIRO XOGOS DO MUNDO | |
OBRADOIRO MUNDO BICHOS |
Ao longo da semana, visitaron o colexio uns seres pequerechiños que nos sorprenderon. Poidemos tocar: tarántulas, alacráns, insectos pao, insectos folla, vacalouras...Miguel Santamaría, entomólogo santiagués, acercou ao alumnado do colexio ao mundo dos invertebrados. Velaquí tedes unhas imaxes divertidas sobre o acontecido.
|
Visita Paco Barreiro |
O venres 29 de abril, visitounos o escritor Paco Barreiro, autor de "O Pirata Ataripo". O alumnado de cuarto desfrutou dunha charla moi amena e participativa. |
BAILE DAS LETRAS |
Ao longo do mes de maio, e coa axuda da mestra de Educación Musical, os nenos e nenas do colexio dos Tilos, prepararon unha coreografía dunha canción das Tanxugueiras.
|
PAKOLAS |
No día de hoxe tivemos unha visita moi bailadeira. O autor, musico e compositor Paco Cerdeira achegouse ao noso cole, a presentarnos o seu espectáculo "Rockeando con Ramona Órbita". Velaquí tedes unha pequena mostra do acontecido. A vindeira semana subiremos máis imaxes a galería da web. |
VISITA DE SUSANA ILLERA MARTÍNEZ |
O alumnado de terceiro recibiu entusiamado a visita da escritora Susana Illera Martínez. O equipo editorial de Disney, seleccionou á Susana para escribir unha adaptación da película "Encanto" para o público infantil. Así naceu o libro bilingüe "El don de una familia/ The gift of family". No 2020 foi galardoada polo seu primeiro libro infantil ‘Lala, a Different Kind of Lizard’nos International Latino Books Awards |
VISITA DE LEDICIA COSTAS |
A escritora Ledicia Costas, visitou esta semana o colexio dos Tilos. Presentou ao alumnado de terceiro de ed. primaria, a colección dos "Minimortos". Conversou con eles e contestou a súas preguntas acerca do libro "Escola de salvaxes". Ledicia dedícase dende moi nova a creación literaria. Este ano colabora coa RAG, na páxina infantil Primavera das Letras adicada este 2022 ao escritor Florencio Delgado Gurriarán.
|
PDI: Diferentemente iguais |
Ao longo do curso 2022 – 2023, desenvolverase un novo Proxecto Documental Integrado titulado ”Diferentemente Iguais”. A través dos contos, tratarase de inculcar entre o alumnado o respecto polas diferenzas entre iguais e a convivir de xeito pacífico cos compañeiros e co profesorado nas actividades educativas diarias. Para acadar estes obxectivos, dende a Biblioteca e, en colaboración co resto dos equipos, deseñaranse actividades nas que poida participar toda a Comunidade Educativa. |
24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES |
Hoxe foi un día de festa, xa que, a nosa nova biblioteca comezou a camiñar. Contamos cun novo espazo máis amplo e adaptado ás necesidades do alumnado. Os nenos e nenas de sexto realizaron un gran traballo, colaborando no reto que supuxo trasladar e dar forma a unha biblioteca dinámica, con diversos servizos e recursos, onde os nenos e nenas do colexio atopen múltiples oportunidades de aprendizaxe, expresión e creación. |
SAMAÍN 2022-DIFERENTEMENTE IGUAIS |
Un curso máis, celebramos o Samaín no colexio. Decoramos as portas, os corredores e a biblioteca, con estraños e horripilantes hóspedes: morcegos, esqueletos, bruxas, arañas ...Asemade desfrutamos dos contos terroríficos que prepararon os alumnos/as de quinto e sexto de Educación Primaria. Os nenos e nenas, o venres 28 de outubro, disfrazáronse de personaxes propios e característicos desta festividade. |
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO. Navegando polo universo |
O alumnado de terceiro e quinto de Ed. Primaria, descubriron o apaixonado mundo da Astronomía, nunha viaxe polo espazo dentro dun planetario de derradeira xeración, instalado no colexio. Dentro do programa cultural Ruta Quetzal, creado polo periodista e aventureiro Miguel de la Cuadra Salcedo. atopamos un proxecto docente motivador e cautivador, adicado á divulgación científica. Esta actividade, despertou nos nenos e nenas a curiosidade por coñecer máis sobre os temas relacionados co Universo. |
MAGOSTO 2022 |
O pasado xoves, 10 de novembro celebramos o magosto no colexio. Comezamos cunha xornada de xogos: zancos, rá, a pita cega, aros, bolos, carreiras con castañas...O alumnado de sexto colaboraron como monitores e as distintas aulas rotaban nos xogos. Foi un día de diversión para os nenos e as nenas do centro. Para rematar o día, degustamos unhas ricas castañas asadas (actividade en colaboración coa ANPA). Velaquí tedes o acontecido, preme na seguinte imaxe. |
Obradoiro de Regueifas |
O pasado 25 de novembro, a rapazada de 6º tivemos a gran sorte de recibir a visita das regueifeiras Lupe Branco e Cristian de Burela, dentro do programa “Enreguéifate” do que formamos parte. E dende o primeiro momento, non houbo tempo ao aburrimento porque a regueifa invadiu cada recuncho da nosa Biblioteca. Primeiro, coas súas coplas, leváronnos da man a través da historia deste xénero de tradición oral e das súas características para despois, converternos en regueifeiros, elaborando as nosas rimas, botando “bombas” e regueifando sobre o escenario. Agora, xa só nos resta deixar voar a imaxinación. Grazas pola vosa visita! |
VERBAS DA CIENCIA |
Para rematar o mes de novembro, mes da ciencia en galego e en relación ao lema deste curso de Bibliotecas escolares de Galicia 2022: "Escribir á biblioteca escolar", dende o colexio, elaboramos a actividade: VERBAS DA CIENCIA. O alumnado investigou, elixiu e redactou un texto sobre palabras relacionadas coa ciencia.
|
Os nosos inicios na RADIOS ESCOLAR |