proxecto documental

Día do Libro

O luns, día 23 de abril, celebramos o Día do Libro. Nesta ocasión, para a elaboración do cartaz conmemorativo desa data, contamos coa colaboración do escritor Xosé Antonio Perozo que nos obsequiou cun fermoso microrrelato: "Cont(e)o".

cartaz_libro

Durante esta xornada levamos a cabo a actividade de "apadriñamento de lectores": "Lectura na carballeira".

libro1 libro2

Asemade ao long de toda a semana o alumnado foi dando a coñecer o nome do seu libro favorito.

Descubrimos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" da man de Candela, Luna, Martina e Sofía

Candela, Luna, Martina e Sofía, alumnas de 2º A, amósannos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" no Concello de Teo.

Parabéns polo voso traballo!!!

Visita a Meteogalicia

O mércores, día 4 de abril, o alumnado de 5º de Primaria visitou o centro de Meteogalicia en Santiago.

Durante a súa visita, o alumnado participou nunha sesión informativa sobre Metereoloxía e aparatos metereolóxicos e tamén sobre o ruido ambiental.

Asemade, tiveron a oportunidade de asistir a como se fai o pronóstico do tempo, en directo, nun medio de comunicación, neste caso na radio así como ao lanzamento dun globo sonda.

Esta actividade está relacionada co PDI: "Investida Teo con Tilandra" xa que o alumnado de 5º está a investigar todos os aspectos relacionados coa xeografía, clima, economía,... do noso Concello.

Obradoiro: Instrumentos musicais galegos

O día 15 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro de instrumentos musicais galegos. Neste obradoiro o alumnado aprendeu a diferenciar entre instrumentos tradicionais e populares asi como o ritmo de distintas danzas galegas.

Visita de Xosé Antonio Perozo

O día 18 de maio o autor Xosé Antonio Perozo visitou ao alumnado de cinco anos para contarlles e falarlles do seu libro:"Unha mensaxe para Sara" que narra a primeira aventura entre o cabalo Branco de cores e a súa amiga Sara. Xuntos percorren a cidade de Santiago na procura dunha mensaxe que deixou a avoa de Sara.

Tamén nos agasallou con dous libros sobre Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Powered by Drupal - Design by artinet