Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO |
Como cada curso celebramos o 23 de abril, Día do Libro coa "Lectura na carballeira". Por mor da choiva aprazamos a actividade a espera do bo tempo. Proseguimos coas actividades programadas para a semana recibindo ao autor Iago López que amosará o seu libro "O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Para preparar o cartel conmemorarivo do Día, os e as axudantes da Biblioteca, basearon o seu traballo no cociñeiro Martiño. Velaquí o resultado.
|
CONTACONTOS IAGO LÓPEZ |
Hoxe visitounos o autor Iago López que nos contou o seu libro "O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Disfrutamos moitísimo desta actividade, e a Iago gustoulle o noso cartel do Día do Libro, será polo guapo que sae o cociñeiro Martiño. Se seleccionas a imaxe para ver todas as fotos da xornada.
|
A MATERIA EN ESTADO PURO |
A escola constitúe un dos principais escenarios educativos para desenvolver actividades saudables dado que se traballa con alumnos/as que se atopan en período de formación física,psíquica e social que posúen una gran capacidade para a aprendizaxe e asimilación de hábitos. Traballar a educación para a saúde é de vital importancia dende a infancia, por esta razón ao longo deste curso en todos os niveis educativos , (a través das actividades propostas dende a biblioteca e os distintos equipos), fomentouse o desenvolvemento saudable de todo o corpo , poñendo especial atención nos órganos imprescindibles para a actividade física (corazón, pulmóns, músculos e ósos que fan que o organismo realice a súa actividade de maneira satisfactoria). Por outra banda, tamén lles ensinamos (coa axuda das familias) a saber realizar hábitos alimenticios saudables, consumo de froitas e verduras, orixe dos alimentos, beneficios da actividade física e tomar conciencia do valor dos alimentos como recurso esencial e indispensable para a vida. Cabe destacar a participación na actividade de merendas saudables ao longo do curso. Traballamos de xeito globalizado coas distintas áreas do nivel, de ahí o coidado do medio medioambiente dado que é de vital importancia para a saúde: o estudo das abellas co “rico mel de Tilandra”.A modo de resumo, acadáronse os obxectivos propostos e as actividades resultaron motivadoras para o alumnado. Na exposición dos traballos do alumnos-as, pódese ver unha pequeña escolma das actividades desenvolvidas ao longo do curso.
|
PROXECTO "A VACA" - GRUPO 3 ANOS |
Este proxecto está enmarcado dentro do P.D.I. “Tilandra medra sa”. Aínda que se levou a cabo ao longo do 3º Trimestre deste curso, o eixe motivador do mesmo desenvolveuse durante o segundo coas actividades levadas a cabo no Entroido, na que fomos disfrazados de vacas e leiteiros/as. A curiosidade polas vacas foi en aumento, tras descubrir unha mañá que a nosas clases estaban cheas de pegadas deste animal e nun recuncho da clase apareceu un cartón de leite. Todos estabamos moi emocionados…! tiñamos que aprender moitas cousas sobre aquel animal que nos visitara e que nos aportaba na nosa alimentación. O obxectivo principal deste proxecto documental foi iniciar ao noso alumnado de 3 anos na investigación, a elaboración de hipóteses, aprender a reflexionar e sacar conclusións… ; en definitiva a pensar e ser críticos. Durante este proxecto tiveron un papel moi importante as familias, sobre todo na aportación de información e materiais, así como na realización dalgunhas actividades como a “cow parade” cunha moi boa acollida polo que estamos inmensamente agradecidas. Entre as actividades desenvolvidas cabe sinalar a elaboración dun dossier con información, obradoiros de cociña, experimentos, un vídeo documental sobre a vaca e moitas máis actividades … Toda esta información está recollida no noso blog http://tilinhos.blogspot.com/ no apartado: “PDI: A vaca”. Alí poderedes observar todo o traballo desenvolvido polo alumnado de 3 anos. Agardamos a vosa visita!!!
|
ALIMENTACIÓN SAUDABLE VS NON SAUDABLE |
Como xa sabedes, neste curso académico o proxecto da nosa biblioteca e da nosa amiga Tilandra é a alimentación saudable. É por isto, que esta exposición xira ao redor deste tema. Para realizala fixemos dúas actividades que poden ver amosadas nas seguintes fotografías. A primeira delas, foi un mural relacionado coa alimentación do meu alumnado. Para a actividade os alumnos e as alumnas trouxeron das súas casas envases de alimentos que consomen a diario. Logo un a un, foron calculando, a través da información aportada polos ingredientes do envase a cantidade de azucre que contiña cada un destes alimentos. Deste xeito, fóronse decatando da grande cantidade de azucre que tiñan a gran maioría deles. O obxectivo principal da actividade era o de que o alumnado tomase consciencia da grande importancia que ten a alimentación e tamén do pouco saudables que son algúns dos alimentos que consomen día a día. A outra parte da exposición consistiu nunha búsqueda de información dun alimento, neste caso do figo. Para atopar a información máis importante fixeron grupos. Uns buscaron información sobre a figueira, outros curiosidades dos figos e os últimos unha receita elaborada con figos. Con esta actividade non só traballamos un froito, que como sabemos deben formar parte da nosa dieta diaria, senón que tamén coñeceron máis datos interesantes sobre o figo que non é consumido habitualmente por ningún deles. Como conclusión final, consideramos que esta exposición foi cando menos interesante e divertida para cada un de nós e grazas a ela achegámonos máis aos hábitos saudables.
|
LECTURA NA CARBALLEIRA |
Aproveitando o bo tempo da semana das Letras Galegas, fixemos a xa tradicional Lectura na Carballeira. O alumnado dos cursos superiores elixen libros para ler aos máis cativos do colexio. É unha actividade onde disfrutan da natureza e ao mesmo tempo comparten o seu libro favorito.
|
VISITA AO MUSEO DO POBO GALEGO |
Ao longo do mes de maio o alumnado do colexio dende catro anos ata sexto de primaria asistimos ao Museo do Pobo Galego para visitalo e realizar distintas actividades. Os nenos e nenas de catro e cinco anos asistiron a actividade "Xogos Bailados", a través dun xogo de roda que leva asociado unhas cantigas os máis cativos achéganse ao museo. O alumnado de primeiro de educación primaria asistiron a actividade "Canta adiviña canta", a través de adiviñas, sons e cancións descobren os instrumentos tradicionais. Os de segundo de educación primaria asistiron a actividade " Da vara ao carabelo" , unha visita obradoiro onde o alumnado tivo contacto con saberes e técnicas do patrimonio náutico e pesqueiro. Terceiro, cuarto, quinto e sexto de educación primaria realizaron a actividade "Fraguando datos sobre D. Antonio", a través dun xogo, o alumnado coñeceu e descobreu máis en profundidade a figura de Fraguas e a relación co Museo do Pobo Galego. Se premedes na imaxe veredes o acontecido.
|
PARA ESTAR SANOS DEBEMOS TER SENTIMENTOS E EMOCIÓNS AMOROSAS COS DEMAIS. |
PARA ESTAR SANOS DEBEMOS TER SENTIMENTOS E
EMOCIÓNS AMOROSAS COS DEMAIS.
FIXÁMONOS NAS COUSAS BOAS QUE FAN OS NOSOS COMPAÑEIROS...
... PORQUE NOS SENTIMOS BEN CANDO FACEMOS SENTIR BEN AOS DEMAIS.
Para medrar sans e cuns dentes sanos e fortes temos que vixiar o que comemos evitando comer alimentos ricos en azucres, e comer máis froitas e verduras.
Fixemos traballos con lentellas e co millo e aprendemos algunha cousiña deles.
E moi importante empezar ben a mañá tomando un almorzo saudable…
… e despois de almorzar lembrarse de lavar ben os dentes.
|
A PATACA 3ºB |
Este curso traballamos :A PATACA . Buscamos a información adecuada a idade dos nenos, a súa historia: un tubérculo que proven de América do Sur (Perú e Bolivia), e cando chega a Galicia convértese nun alimento que substitúe a castaña que era o produtobase da alimentación. Tamén atopamos cancións populares, adiviñas e xogos sobre o tema. Fixemos arte con estampacións de selos de patacas bonecos e receitas de cociña. Aprendemos os seus beneficios e as súas propiedades
|
ALIMENTACIÓN SAUDABLE |
Ao longo do curso o alumnado de segundo de educación primaria traballamos os seguintes aspectos dentro do proxecto de centro "Tilandra medra sa" Aquí deixámosvos un guión para que cando visitedes a nosa exposición saibades o que realizamos. -Pirámide de alimentos: frecuencia coa que debemos comer os alimentos. -Obradoiro de cociña: saborosa larpeirada. -Macedonia de froitas: macedonia natural e disfraces de entroido. -Menú saudable: bandexas. -Estudo dun froito/a: a castaña e a sandía. -Agricultura, cultivo de alimentos: apeiros para traballar no agro.
|
A TECNOLOXÍA E A NOSA RELACIÓN COS ALIMENTOS...FIXERON PROGRESAR Á HUMANIDADE |
A TECNOLOXÍA E A NOSA RELACIÓN COS ALIMENTOS...FIXERON PROGRESAR A HUMANIDADE PRIMEIROS ACHADOS, NOVOS ACHADOS, NOVOS TEMPOS, MÉTODOS MODERNOS Con respecto ao Proxecto da Biblioteca, realizamos as seguintes actividades: - Elaboración da pirámide dos alimentos. - Mural: Tilandra merenda sa. - Traballo con textos:
- O significado do código de barras. - Traballo coa prensa. Búsqueda de novas relacionadas coa alimentación e a saúde. - Traballo de investigación. A tecnoloxía na alimentación fai progresar á humanidade (dende 30.000 a.C. ata os nosos días).
|
EXPOSICIÓN "TILANDRA MEDRA SA" |
|
EXPOSICIÓN "TILANDRA MEDRA SA" |
O martes 4 de xuño celebramos a xornada de portas abertas da Exposición "Tilandra medra sa". Na entrada acharedes un mural con códigos QR onde veredes os traballos realizados ao longo do curso. |
EXPOSICIÓN "TILANDRA MEDRA SA" |
Cando visitedes a Exposición, na entrada do colexio atoparedes este tríptico con información sobre os diferentes andares e do edificio onde se atopa 4º e 5º de educación infantil.
|
Exposición itinerante - Onde foi barriga verde? |
O nome de Barriga Verde resoa na memoria de moitas persoas e para que non corra o risco do esquecemento apareceron distintas iniciativas procedentes dos eidos do audiovisual, do teatro e da investigación do patrimonio titiriteiro galego. Unha destas iniciativas é a Exposición itinerante -Onde foi Barriga Verde?, que visitou o noso colexio.
|
OBRADOIRO SOBRE A INDUSTRIA FORESTAL |
Ao longo deste curso pretenderemos afondar no coidado da nosa contorna como parte principal do PDI: Tilandra pensa en verde. Sinalar a importancia de coñecer e apreciar a natureza da nosa terra. E para comezar có proxecto deste curso que mellor cá un obradoiro onde nos expliquen a importancia dos noso bosques.Así é que o alumnado de quinto de Ed. Primera participou nun obradoiro impartido por ASEFOGA, Axencia Galega da Industria Forestal que en colaboración ca Asociación de Desenvolvemento Rural puxo en marcha o proxecto "Divulgación da industria forestal en centros educativos de primaria". Mediante este obradoiro o que se pretendeu foi levar ás aulas a importancia e as vantaxes da industria forestal. Para iso abordaron catro temáticas relacionadas co medio ambiente: -A madeira na construción. -A xestión forestal sostible. -Vantaxes ambientais do uso da madeira. -A biomasa como produción de enerxía
|
GALICREQUES 2019 |
Os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil asistiron á representación da obra de monicreques "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". |
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE TÍTERES |
En relación co PDI: Tilandra pensa en verde, o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria asistiron a un obradoiro de títeres con material reciclado: teas, la, cartón... Deixámosvos unha pequena mostra.
|
CINE NUMAX LE PETIT PRINCE | |
LE BRIO CINE VOS | |
LE BRIO CINE VOS | |
GALICREQUES 2019 |
Os nenos e nenas de educación infantil desfrutaron das andanzas de dous irmáns limpabotas. Riron e divertíronse moito con eles. Moitas grazas por visitarmos!
|
VISITA AO CASTRO DE SAN CIBRAO DE LAS E PISCIFACTORIA NO CARBALLIÑO | |
CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE O USO DO INTERNET | |
TITIRIBERIA |
O alumnado de educación infantil e primeiro de educación primaria do colexio, asistíu a unha representación dentro do Festival de Títeres Tradicionais. Titiriberia
|