Skip to Content

Novas

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2013-14

GRAVACIÓN DO RECITADO DUN POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO

15/02/2013 10:00
15/02/2013 13:00
Etc/GMT+1

SAÍDA A CORUÑA

06/02/2013 10:00
06/02/2013 16:30
Etc/GMT+1

O alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria fará unha viaxe a Coruña para visitar a "Casa dos peixes", o "Planetario" e a "Casa do home".

Sairán do colexio ás 10.00h e estarán de regreso ás 16.30h.

ENTROIDO 2013

08/02/2013 10:00
08/02/2013 13:00
Etc/GMT+1

Aínda que o día grande do Entroido celebrarémolo o venres 8, as actividades darán comezo uns días antes:

A semana previa á celebración, recolleranse as caretas para o "I CONCURSO DE CARETAS". As bases do mesmo serán enviadas por escrito ás familias para que poidan participar.

Festival de Nadal

21/12/2012 10:00
21/12/2012 13:00
Etc/GMT+1

Programa de actos:

10.20 h: Chiquitropa

10.30 h: Os pequeniques

10.35 h: Cancións interpretadas polos dous grupos de Infantil

Representación teatral

20/12/2012 15:30
20/12/2012 16:30
Etc/GMT+1

Ás 15.30 h, o alumnado de 5º de Primaria representará a obra de teatro "Revoltixo de contos".

Ó remate da mesma farase entrega dos premios do concurso de "Colgaportas" organizado pola Biblioteca.

Relación de candidaturas no sector de pais para as eleccións ó Consello Escolar

VOTACIÓNS PAIS NAS ELECCIÓNS ÓS REPRESENTANTES DO CONSELLO ESCOLAR

28/11/2012 16:45
28/11/2012 17:45
Etc/GMT+1

O mércores día 28 de novembro, de 16.45 a 17.45 horas, estará aberta a mesa electoral na aula de audiovisuais para que as familias voten ós representantes dos pais no Consello Escolar.

Exposición e concurso de cabazas do Samaín

31/10/2012 10:00
31/10/2012 16:30
Etc/GMT+1

O Equipo de actividades Complementarias e Extraescolares organiza un concurso de cabazas. 

Haberá un premio por ciclo. O alumno que presente a cabaza máis laboriosa recibirá un diploma.

As cabazas estarán expostas no colexio e retiraranse o mércores 31 a última hora da tarde.

Reunión colectiva de familias para as titorías de 3º de Primaria

22/10/2012 16:30
22/10/2012 17:30
Etc/GMT+1

As familias deberán acudir á aula do titor correspondente.

Agradécese a asistencia xa que, nesa reunión, explicaranse os aspectos fundamentais deste curso escolar e repartiranse as presentacións de área.

Distribuir contido


by Dr. Radut