Skip to Content

Novas

VISITA DE NÉLIDA ZAITEGI: CONVIVENCIA ESCOLAR, TAREFA DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

O xoves 27 de marzo ás 18.00h, contaremos coa presenza de Nélida Zaitegi de Miguel (mestra, inspectora xubilada, directora da revista dixital Convives, membro do Observatorio Estatal da Convivencia, asesora e formadora) para falarnos sobre a convivencia, valores, relacións, resolución de conflitos...

Agardamos a participación das familias.

FESTIVAL DE ANTROIDO

Preme aquí para saber que actividades levaremos a cabo na semana do antroido.

FESTIVAL DE NADAL

Ovenres 20 de decembro celebraremos o Nadal cun Festival que dará comezo ás 10.30 h e terá o seguinte horario de actuacións:

10.30 h: Chiquitropa. Canción "Porque é Nadal".

10.35 h: E. Infantil. Canción "Chascarrás-caschás".

SAÍDA A SANTIAGO E PADRÓN

O xoves 19 de decembro, o alumnado de 1º ciclo e 3º de Primaria realizarán unha viaxe cultural a Santiago. Desde alí trasladaranse en tren ata Padrón para visitar a casa-museo de Rosalía de Castro.

VISITA DE KEPA JUNQUERA

18/11/2013 11:00
18/11/2013 11:40
Etc/GMT+1

O gran acordeonista vasco Kepa Junquera visitará o centro para charlar co alumnado e interpretar algunha composición tradicional. Agradecemos a colaboración da familia de Manuel Pazos (Pazos de Merexo), xa que sen eles sería imposible que este evento se poidera levar a cabo.

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES VOLUNTARIOS NO COMEDOR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO C.E.I.P. OS MUÍÑOS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2013-2014.

 

SATISFACCIÓN DAS FAMILIAS E O ALUMNADO

Como ven sendo habitual, ó remate de cada curso recollemos a opinión do alumnado e das súas familias sobre varios aspectos do funcionamento do colexio. Estas enquisas fanse entre as familias do alumnado que remata ciclo, e cos alumnos de 4º e 6º de Primaria.

INSTRUCIÓN 1/2013 DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES NO CURSO 2013-14

Prema aquí para ler o texto completo.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2013-14

Xa está aberto o prazo de presentación das solicitudes para axudas de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ó alumnado de Educación Primaria no curso escolar 2013-2014.

Para acceder ó DOG e anexos prema aquí.

DÍA DO LIBRO

23/04/2013 10:00
23/04/2013 16:30
Etc/GMT+1

O día 23 de abril celebramos o día do Libro.

A partir das 10.00 comezará a maratón de lectura, que este ano está adicado a Julio Verne e a súa obra "Vinte mil leguas de viaxe baixo dos mares"

Distribuir contido


by Dr. Radut