GRAVACIÓN DO RECITADO DUN POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO
O venres 15 de febreiro, o alumnado de Infantil e Primaria trasladarase en distintas quendas a Muxía, en horario de mañá, para gravar o recitado dun poema de Rosalía de Castro no entorno do Santuario da Barca. Con esta actividade colaboramos coa Asociación de Escritores en Lingua Galega na celebración do centenario da publicación de “Cantares Gallegos”.
En caso de chuvia fariamos a grabación no colexio.