Iniciar sesión: Acceso

Actividades EDLG

REVISTA SARDOMELA 22-23

Aquí deixámosvos o último número da nosa Revista Sardomela.

Picade na imaxe para ollala!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Deixamos por aquí un anaco do que se levou a cabo no centro pola Semana das Letras Galegas.

Deixámosvos a continuación o podcast elaborado por todo o cole no obradoiro de radio.

 

FESTA DOS MAIOS

Deixamos un resumo da Festa dos Maios que vivimos no Sello e as coplas que compuxemos nos obradoiros de Lingua Galega para este día.

 

 

 COPLAS DOS MAIOS

PONTE NAS ONDAS 22-23

O 11 de maio tivemos a sorte de contar con Damián Alonso de Ponte nas Ondas o cal realizou un Obradoiro de Radio co noso alumnado.

Emprego do Audacity como programa de grabación, ténicas de modulación e proxección de voz. creación de guion, mesa de misturas... Unha mañá moi ben aproveitada. Deixámosvos aquí un resumo do día e o programa de radio elaborado.

 

 
 

CÁMARAS.... E ACCIÓN!!

Aproveitando que o PDI de centro son os medios de comunicación e este trimestre adícase aos medios audiovisuais, o alumnado do centro estivo fedellando cos micros, cámaras, iPads e apps de edición do espazo creativo de BiblioSello.

Fixeron uns traballazos! Dádelle ao PLAY.


O grupo de infantil cóntanos o seu libro favorito da Biblioteca.


En 1º e 2º fixeron unhas reseñas literarias marabillosas. E nótase o que lles gustou estar diante da cámara!!



O grupo de 3º e 4º fálanos dos seus libros favoritos:

 


O alumnado de 5º e 6º elaboraron estes estupendos Booktrailers de libros que podedes atopar na biblioteca.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: