Complementarias, Letras Galegas, Magosto e Samaín, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día da árbore, Educación Física, Infantil, Festival Fin de Curso
GRADUACIÓN 2022
Enviado por admin o Sáb, 25/06/2022 - 06:03O pasado 22 de xuño celebramos no cole a graduación de 6º de infantil e 6º de primaria. Acompañados das familias, compañeiros e compañeiras e mestres do centro, os nosos rapaces e rapazas ofrecéronnos actuacións musicais e de baile, así como discurso de despedida por parte do alumnado de 6º. Representando ao curso de 5º, Irene e Nora tamén tiveron unhas palabras para os seus compañeiros graduados.
Agradecemos as familias e a anpa pola súa colaboración. Noraboa aos alumnos e alumnas de 6º de infantil e os mellores desexos para 6º de EP na súa nova etapa.
6º EDUCACIÓN INFANTIL
6º EDUCACIÓN PRIMARIA
Conmemoración "DÍA DA ÁRBORE"
Enviado por admin o Sáb, 04/06/2022 - 14:49O venres 3 de xuño, o CEIP Plurilingüe O Sello, xunto co CEIP Santa Mariña e o CEE Saladino Cortizo conmemoramos "O Día da Árbore", facendo unha prantación de diversas especies arbóreas no parque anexo ao centro CEE Saladino Cortizo, organizada pola Comunidade de Montes do Carballal. Pola súa banda, tamén procedemos á solta de diversas especies de animais (pombas, pardais e coellos) e a recollida do premio. No noso centro foi agasallada pola súa obra pictórica a nosa alumna de 5º curso de Educación Primaria "Xela Quevedo Fernández". E por último, disfrutamos dunha actuación cómica e artísticva para aderezar a visita a dita contorna.
Aqui tedes un resumo da nosa conmemoración
Post de Instagram Ecológico Naturaleza Día del Medio Ambiente Verde Celeste de CEIP O Sello
Entroido 2022
Enviado por Anónimo o Ven, 18/02/2022 - 07:41O luns, se un vaqueiro queres parecer, algo no pescozo tes que poñer.
O martes, algo no corpo has de poñer para un superheroe/superheroína.
O mércores, pés de cores tes que traer se un monstro queres ser.
O xoves, un peiteado de terror tes que traer para @s mestr@s sorprender.
Ponte nas Ondas!
Enviado por Anónimo o Ven, 04/02/2022 - 14:42A través do proxecto Radio na Biblio, tivemos a sorte de contar coa xente de Ponte nas Ondas para formar ao noso alumnado en radio escolar!
Aquí tedes o programa que gravaron entre todos os cursos de primaria! Clica na imaxe
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »