Iniciar sesión: Acceso

O Blogue de Rapolibro

INSTALACIÓN ARTÍSTICA: A PRENSA

Instalación Artística do 1º Trimestre seguindo o PDI da Biblioteca Escolar deste curso "Dende o Sello para o Mundo".

OBRADOIRO IMPROVISACIÓN ORAL

O alumnado de 5º e 6º participou hoxe nun dos Obradoiros  de Improvisación Oral impartido por Luis Caruncho e Pinto de Herbón dentro das actividades ofertadas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
 
Unha mañá moi productiva na que, ademais de aprender o que é unha regueifa e escoitar varios exemplos, aprenderon a crear a súa propia. O alumnado quedou encantadérrimo e desexando repetir! De seguro poremos en práctica todo o aprendido.
 

25-N

Durante o mes de novembro, nos obradoiros de Lingua Galega traballamos os estereotipos que existen entre homes e mulleres. Cada grupo, falou e debatiu sobre situacións típicas que acontecen no noso día a día e como actuamos dependendo de se afectan a homes ou mulleres.

Con todo isto, grabamos este vídeo empregando o recuncho audiovisual de BiblioSello.

O noso alumnado é consciente de que son o futuro do noso planeta e chegaron a unha conclusión común do que debería empezar a pasar para que a igualdade sexa unha realidade ao 100%. E ti? 

 
Aquí vos de deixamos un vídeo que resume todo o que fixemos este día. 
  
 
Tamén saíu a noticia no Atlántico diario na que explican as actividades que estimemos facendo este mes de novembro. Clica aquí para ollala!!

PODCAST SAMAÍN

Polo Samaín, dende BiblioSello e os Obradoiros de Lingua Galega elaboráronse varios Podcast sobre o medo. Falamos do importante que son a música e a voz para transmitir esta emoción, de personaxes, contamos chistes...

En Infantil, estivemos de tertulia falando sobre o medo e os seus disfraces:

 

 O grupo de 1º e 2º falounos sobre as personaxes do Samaín:

  

3º e 4º contáronnos Chistes terroríficamente divertidos:

No último ciclo traballamos con cancións e contos coñecidos.

Así, o alumnado de 5º converteu a canción Medomedá nunha historia de terror

En 6º, traballaron coas cancións de Almudena Janeiro.

 Corre, corre, cabaciña

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: