Iniciar sesión: Acceso

BECAS NEAE 23-24

Informamos que xa está aberto o prazo de solicitude das Becas NEAE para o curso 23/24.

O prazo de presentación é dende o 8 de maio de 2023 ao 20 setembro de 2023. Recomendamos non agardar ata o último momento.

Como novidade para o vindeiro curso, poderán percibir unha axuda de 400 euros, subsidio para gastos adicionais de carácter xeral, para todos aqueles solicitantes que acrediten NEAE e cumpran os requisitos da convocatoria.

Para poder solicitalas, pida información no Gabinete psicopedagóxico ao que acude o seu fillo/a, ou no centro escolar no Departamento de Orientación.

LIGA NATACIÓN 22-23

Un ano máis, as cativas e os cativos do noso pequeno colexio, amosaron que a unión e o esforzo conxunto, ten a súa recompensa e así o fixeron na Liga Escolar de Natación.

Despois de tres xornadas nas que competiron con máis de 400 nenas e nenos de diversos colexios, os nosos compañeiros e compañeiras, quedaron moi ben situados tando de forma individual coma grupal. De 26 colexios participantes o noso quedou no 8º posto. De forma findividual cabe destacar o trofeo de gañadora na categoría de benxamíns da nosa compañeira Irene Méndez Seijo, que este foi o seu derradeiro  ano xunto con dous compañeiros máis que o vindeiro curso comezan a súa andaina no instituto.

Dende a ANPA queremos agradecer a tódolos participantes o seu esforzo e a todos os pais e nais por asistir as xornadas os domingos e estar ahí animando.

Esperámosvos o vindeiro curso. Parabéns a todos e todas!

ANPA SARDOMELA

ENTROIDO 2023

Aquí tedes un resumo da semana do Entroido tan xenial que pasamos no Sello!! No vídeo escoitaredes a copla de Entroido "Disfrazá" (versión en galego de Despechá de Rosalía) que compuxo e grabou en Radio Sello o alumnado de 6º nos obradoiros de Lingua Galega deste mes. Desfrutádea!!!

 
 
Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: