try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

E.D.L.G

Venres 4, festival de entroido e xornada de portas abertas!Visitádenos!

Este curso, coma o ano pasado, celebraremos o Entroido durante toda a semana.

Comezaremos o venres 25 de febreiro co “Meco” na entrada do colexio, e cada día irá mandándonos traer algunha cousa. Tratarase de cousas sinxelas, o importante será botarlle humor e imaxinación… Pregámosvos que dende as familias colaboredes cos alumnos/as nesta tarefa.

 

O venres día 4 de marzo, teremos os actos máis importantes:

10:30: “Obradoiros de Entroido”: Todo o alumnado irá pasando por distintos obradoiros instalados polo colexio.

12:45: “Desfile, canción e queima do Meco”

13:15: “Degustación de doces típicos do Entroido”

 

DISFRACES: O venres 4 todos deberemos traer disfraces. Con roupa que xa non se use, ou dos irmáns maiores dos pais, avós, ou o que sexa… . Podedes traer os complementos que queirades: perrucas, gafas, colgantes etc… Non fai falla vir de “nada”… queremos que sexades orixinais, pero non queremos deses mercados. Este ano toca de “mascaritas”

 

DOCES: Todos sabemos que os doces típicos máis ricos son…. os da nosa casa, e queremos probalos todos. Por iso gustaríanos que trouxerades orellas, freixós, larpeiradas variadas… para o venres 4.

 

Con motivo do inicio do periodo de matrícula, celebraremos o día venres 4,  unha xornada de portas abertas favorecendo así que os pais/nais vexades como é a nosa liña de traballo e por iso imos levar a cabo  uns obradoiros nos que estade invitados a participar nos mesmos. Cando cheguedes iremos organizando os grupos para que participedes nos mesmos, se queredes, xunto cos nenos..

Por tanto, todas as familias estades invitadas a vir e ademais queremos que nos acompañen amigos, veciños e familiares , que queiran matricular aquí os seus fillos e fillas: Dicidello a todos! Estaremos ensinando o centro a todas as persoas que se acheguen.

 

Como noutras ocasións, a ANPA Río de Va, colabora con nós na organización desta actividade

 

 

                                  

 

 

 

 

 

Distribuir contido