try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

E.D.L.G

Finalistas do concurso de microrrelatos 2011: Fernando (5º EP), Andrea (6º EP)

Velaquí vos quedan os textos que quedaron finalitas no concurso de microrrelatos que levou a cabo o concello de Fene.Noraboa aos finalistas!

MERLO DE PERLIO

 

  

               Merlo de Perlío é un neno de dez anos cos ollos azuis e o pelo marrón. A el encántalle o fútbol e as aventuras. Por iso o meteron nun equipo de fútbol.

             Durante dous anos Merlo de Perlío foi aos entrenamentos cos seus amigos. Xa no verán Merlo de Perlío e os seus amigos foron bañarse ao río das Fragas do Eume. Alí foron por un camiño e atoparon unha cova. Adentráronse  nela e seguiron camiñando durante unha hora. Cando pararon a descansar encontraron un canciño. Merlo de Perlío levou o canciño á súa casa e preguntoulle á súa nai se se podía quedar con el. Ela díxolle que si.

               Ao final, Merlo de Perlío quedouse co canciño e púxolle de nome Covin porque o encontrara nunca cova. Ahh! E a Merlo de Perlío foille moi ben na liga cos seus amigos!                                                     

 

 

                                                  Andrea Rey Martínez 6º 

 

O alemán de Limodre

Esta é a historia dun alemán de Berlín que foi a Limodre. Todos pensaban que estaba loco e agora aínda o pensan. Estaba visitando en Limodre a un amigo. Este lle estaba ensinando o pobo cando o alemán quixo investigar por si só.

-A onde vas? Volve! Ese camiño parece moi perigoso e eu nunca fun por aí.

-Volverei dentro dun intre. Quero investigar.

Foron máis lonxe do invernadoiro da igrexa ata que o seu amigo lle deu alcance.

-Paraaaaa!! ¡Xa!

Pero o alemán sinalou diante del a unha casa curiosa e de repente desapareceu.

O alemán estaban nun lugar que ninguén coñecía. Había peixes moi raros nunha auga que cambiaba de cor. Había cervos cuns cornos maxestosos pero tamén os tiña na barriga… Era incrible.

Cando deu regresado daquel lugar contoulle a súa aventura a todo Limodre pero ninguén lles creu. Aínda hoxe todos pensan que aquilo foi mentira.  

 

Fernando  5º

 


Distribuir contido