try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

23-4-24 Modo galego, actívao! e Día do Libro

 

Celebraremos o Día do Libro facedo a gran lectura, onde os máis maiores contarán contos aos mais pequenos

 

"Modo galego, actívao!" no CEIP Os Casais (Fene)

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Moi boas, familias! Informamos de que se vai poñer en marcha un xogo para toda a comunidade escolar, especialmente co alumnado.

O xogo inspírase na iniciativa "21 días co galego e +", programa promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova, dentro e fóra dos centros de ensino, no marco do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade .

Coa colaboración da ANPA, das familias e do profesorado, poñerase en marcha un xogo grupal que permita aprender e gozar a través de diferentes probas. O día 22 de abril presentarase ao alumnado, dando comezo o xogo o día 23 de abril.Durará ata o día 13 de maio.

Como podedes participar? O voso papel é moi importante, xa que podedes participar respostando tamén ás probas ou, o que é máis importante, animando e axudando aos vosos fillos e fillas a que leven a resposta no caso de non telo feito na escola. Diariamente presentarase á saída na porta da escola unha proba sobre diferentes categorías podendo respostar ata a hora de entrada do día seguinte (ao alumnado xa se lle vai presentar no recreo).

As preguntas serán de cinco categorías:

– Un pouco de Historia e Xeografía

– Mulleres bravas

– A lingua que falas

– En movemento mola

– Adiviñas, refráns e outras cousas

Cada resposta vale un punto pero só teñen validez o conxunto de respostas! O obxectivo é acadar un mínimo de 25 respostas diarias (25 puntos) e de 500 puntos ao final dos 21 días.

Tamén as profes poden dar puntos extra para engadir emoción ao xogo! No caso de acadar o obxectivo.... haberá un super premio para todo o cole!

Na organización dese premio tamén imos precisar de vós...pero xa vos contaremos! Lembrade que canto máis motivedes máis participación haberá e máis aprenderán! Ademais, por suposto, de pasalo moi ben!