try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

8-4-24 Piscina (EP) CP Innova Edusaúde

Dende o 8 de abril ata o 3 de xuño, todos os luns lectivos a rapazada de Educación Primaria  participará na actividade de piscina que promove o Concello de Fene e que forma parte da programación de Educación Física, tal e como queda recollido na Programación Xeral Anual do curso 2023/2024 aprobada polo Consello Escolar.

Dita actividade levarase a cabo durante a xornada escolar. O alumnado estará acompañado polo profesorado do colexio (2 mestres: 1 de EF e 1 titora) e polos monitores da Piscina Municipal de Fene.

Todos e todas teñen que levar: traxe de baño, toalla, chanclas, gafas de piscina e gorro, así como roupa cómoda (chándal e calzado deportivo).

O transporte está subvencionado polo centro dentro do programa Contratos Programa Innova: EDUSaúde