try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

25N- Galicia Fem, minuto de silencio e racha coa cadea

Mañá 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres.

É por iso que temos varias actividades durante a mañá.

Por un lado gardaremos un minuto de silencio en homenaxe a todas as vítmas da violencia de xénero e como mostra de repulsa tal e como nos pide o Observatorio da Violencia de Xénero.

 

Esta semana estivemos a traballar este tema coa FANPA de Ferrolterra e mañá tocará rachar coas cadeas da violencia dixital. Pequeno acto que celebraremos no cole.

 

Tamén formamos parte deste vídeo no que colaboraron nenos/as desta escola e tamén nais. Moitas grazas!

 

 

E teremos no cole de man dunha mamá dunha alumna o espectáculo Galicia Fem, do que deixamos cartaz.