try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

Renovación Consello Escolar 2022

ELECCIÓNS MEMBROS CONSELLOS ESCOLAR

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

  

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (DOG do 30 de setembro do 22) realizarase en breve neste centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que constitúe o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do colexio.

 

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral integrada por:

 

            - A directora.

            - Un profesor/a.

            - Un pai ou nai.

            - Un representante do persoal de servizos.

 

Os tres últimos serán designados no sorteo. Dito sorteo, que será público e no que preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o vindeiro venres día 28 de outubro  as 11:35 horas.

 

Maniños, a  de 26 de outubro de 2022.

 

A directora