try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

Renovación Consello Escolar 2020- ADIADO ATA NOVO AVISO

QUEDA ADIADO POLA SITUACIÓN ACTUAL DE PANDEMIA

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO ELECTORAL PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2020

Qué é o Consello Escolar?

É o órgano de participación de todos os sectores que dun ou outro xeito participan no colexio, e dicir pais, nais, profesoras, equipo directivo, persoal non docente (limpadores, conserxe...) e representante do Concello.

Coa LOMCE o Consello escolar pasa a ter competencias como: avaliar, coñecer, proponer e promover diferentes asuntos do centro, así como informar. A composición do mesmo será a seguinte: 2 pais (un deles proposto directamente pola ANPA e outro elexido por votación), 2 mestres (elexidos polo claustro en votación) e un representante do concello.    

Cómo participar nel?

A participación é democrática polo que para formar parte del hai que celebrar unhas eleccións e seguir un proceso (publicar censos, presentar candidaturas, respectar prazos para posibles reclamacións etc.) Cada dous anos renóvanse a metade dos membros. Neste curso  toca renovar ao pai/nai proposto pola ANPA  e a un mestre.

Cómo é o proceso electoral?

Faise un sorteo para formar  una Xunta Electoral que se encargará  de velar por garantir un proceso correcto, elaborar o calendario etc. Todo seguindo a Resolución do 30 de setembro de 2020 da Secretaria Xeral de Educación, Formación Profesional (DOG do 8 de outubro)

          O mércores 28  de outubro ás 11:35 horas celebrarase o sorteo público dos membros da Xunta Electoral, que será o inicio deste proceso.

                                                                                              A Dirección