try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

30-10 e 6 do 11: Samaín e Magosto

Queridas familias:

Debido á pandemia  non poderemos celebrar o Samaín - Magosto como nos gustaría, pero aínda así intentaremos gozar desta festa en cada aula dun xeito diferente. Tamén queremos contar con vós para que nos acompañedes dende as vosas casas e intentar  que o alumnado non perda estas tradicións. Por iso pedimos unha vez máis a vosa colaboración.

NA CASA E ANTES DO VENRES 30 DE OUTUBRO: Cada familia pode decorar a porta da súa casa, unha cabaza ou as dúas cousas e mandarnos unha foto, ou un titorial de como o fixeron  ao whatsapp do cole. Serán subidas ás redes sociais. Animádevos!!!!

NO COLE- O VENRES 6 DE NOVEMBRO: Os nenos e nenas poderán vir disfrazados, pero iso si, para poder cumprir as normas hixiénicas correspondentes  NON PODERÁN TRAER COMPLEMENTOS (é dicir, nin capas, nin sombreiros, diademas, gafas, vasoiras ou calquera cousa que poida perderse, andar tirado pola clase ou collido por un compañeiro). Por suposto a máscara non se pode pintar.

Ese día e cada curso na súa aula celebrará  tamén o magosto facendo un colar de castañas. A ANPA nos traerá as castañas que serán repartidas por aulas para elaborar os colares. Así tamén se celebrarán en cada aula estas dúas tradicións con cancións, contos e actividades propias dese día

Grazas pola vosa colaboración