try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

14-6-19 Feira Piteas- Cidade da Cultura (Compostela) 1º /2º- Visita ao IES de Fene-6º

Queridas familias:

Informámoslles de que o próximo venres 14 de xuño os alumnos e alumnas 1º e 2º de Educación Primaria asistirán á Feira Piteas que se celebrará na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela

É preciso que o alumnado leve o xantar e algo de merenda xa que a volta ó centro será sobre as 22:00h. da noite aproximadamente (antes da parada final que será no CEIP Plurilingüe Os Casais, o autobús realizará unha parada preto da Panadería o Cruce).

Os custos da actividade corren a cargo do colexio, coa dotación económica percibida polos contratos-programa.

 

Tamén ese día o alumnado de 6º curso realizará unha visita ao IES de Fene ás 9:00 da mañá