try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

18-6-18 Inaguración do Museo Arco da Vella. Exposición de traballos

O vindeiro 18 de xuño luns estades todos invitados á visita do Museo Arco da Vella que están a montar con moito agarimo todos os nenos e nenas do centro. É un traballo enmarcado dentro da metodoloxía SEM. Metodoloxía inclusiva que pretende un enriquecemento curricular, cunha cultura colaborativa e a mellora de todos en todas as áreas.

Os alumnos foron capaces de traballar en grupos de diferentes idades e coñecementos, foron capaces de analizar, crear, comunicar e usar moitas destrezas diferentes. O resultado final non depende de nós se non deles e do seu consenso.

Foron capaces de pensar que querían facer e como facelo, o resultado final non está nin mellor nin peor. Está como eles querían. O importante é o traballo que fixeron para conseguilo, un traballo previo moi organizado.

Polo que vos invitamos unha vez máis a que lles axudedes a poñelo en marcha, vindo a esta inauguración.

Esperámosvos o luns 18 ás 11:30 no cole. Grazas por participar!!!