try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

29-5-18 Charla Ondas de Ilusión: escolas do mar para 3º/4º

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp) Golfo Ártabro Norte, promove por segunda vez a campaña escolar "ONDAS DE ILUSIÓNS: ESCOLAS DO MAR "

A campaña escolar de divulgación dos recursos do mar do Golfo Ártabro Norte "Ondas de ilusións: escolas do mar", continua como unha iniciativa de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dun completo programa de actividades durante o terceiro trimestre do curso escolar 2017-2018. A campaña pretende ser un referente a nivel autonómico, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes.

O principal obxectivo é achegar a un elevado número de escolares de primaria ó entorno litoral do Golfo Ártabro Norte, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademais, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.

A campaña vai dirixida a escolares de entre 8 e 12 anos, dos centros públicos educativos do territorio do Golfo Ártabro Norte, en total 500 participantes dos concellos de Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ferrol e Narón.

https://galp.xunta.gal/golfo-artabro/segunda-edicion-campana-escolar-ondas-de-ilusions-escolas-do-mar