Día do libro

Hoxe é o Día do Libro, trátase dunda data moi especial na que rendimos homenaxe aos libros e autores de todo o mundo e de todos os tempos. Aínda que non podemos ler a mensaxe da nosa mascota Larapeto, contándonos as novidades da biblioteca, queremos propoñervos, a todos/as os que queirades, participar na seguinte actividade dende a casa: 
      Facer un debuxo do voso conto ou libro  preferido nestes días de permanencia na casa (portada, algo representativo do conto…). 

Para máis info debedes visitar o blogue da biblioteca no senguinte enlace: http://biblosalvador.blogspot.com/

 

Actividades de Educación Física

Boas familias!

 

No seguinte enlace podedes ver as propostas que vos fai a mestra Marián para Educación Física. Esperemos que vos divirtades cos retos.

 

https://drive.google.com/open?id=15unXKNNvD5gJhA4cY1e3gJEkti5_jVS_  

Relixión Católica.

Boas familias!

Nesta nova entrada tedes unha serie de actividades virtuais propostas dende a área de Relixión pola mestra Raquel para toda a etapa de educación primaria:

"Bo día nen@s: Espero que vos atopedes ben vosoutros e as vosas familias. Mándovos algo para facer, se tedes tempo e podedes, se non podedes non vaiades estar preocupados por iso. De acordo? Na páxina  recursosparamiclasedereligion.blogspot.com ides a “Etiquetas” ou a “¿Quieres ver todas las entradas del blog?” e aí tedes crebacabezas, contos, vídeos e xogos para elixir o que prefirades. Axiña poderemos volver a vernos. Ánimo!!!!!

Un abrazo. Raquel"

 

Distribuir contido