Coa música a todas partes

RETO 2: PERCUSIÓN CORPORAL

Ola! A semana pasada presentaba os vídeos dos participantes no RETO do "ritmo coas mans" proposto para o alumnado de 3º a 6º. Podedes velos pinchando neste enlace.

https://drive.google.com/file/d/13PLkNtAVftH12itvJUQlWq3uYzBaqZk5/view?usp=sharing.

Esta semana é o turno dos nenos e nenas de 1º a 3º que participaron no reto dos ecos rítmicos co corpo e a voz. De novo, darvos as grazas pola vosa participación e dicirvos o contenta que estou.

https://drive.google.com/file/d/1s6cL1wDjQhRGJv07Mtb7b8oOG96G7wft/view?usp=sharing

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

 Ola nenos, nenas e familias! Espero sigades ben de sáude e que estedes a disfrutar do bo tempo. Preparados para musicalear?

PARA 1º e 2º.

LINGUAXE MUSICAL

Estas últimas semanas estivemos a traballar unha das cualidades do son, a ALTURA, mediante a colocaión das notas no pentagrama.

Esta semana empezamos cunha nova cualidade, a DURACIÓN. Podemos dicir que as notas disfrázanse coas figuras para que os sons sexan máis ou menos longos. Repasamos a figura de corchea, negra e o silencio de negra con este xogo.

E para reforzar a teoría propóñovos esta ficha interactiva.

RITMO

Para poñer en practica o apartado anterior debedes percutir estes ecos rítmicos.

INSTRUMENTOS

Esta semana imos ver algúns instrumentos da familia de vento. Actividade interactiva.

PARA 3º e 4º

LINGUAXE MUSICAL

Estas últimas semanas estivemos a traballar unha das cualidades do son, a ALTURA, mediante a colocaión das notas no pentagrama.

Esta semana empezamos cunha nova cualidade, a DURACIÓN. Podemos dicir que as notas disfrázanse coas figuras para que os sons sexan máis ou menos longos.

Repasamos a figura de corchea, negra e o silencio de negra con este xogo.

E para repasar outras figuras propóñovos esta ficha interactiva.

RITMO

Para poñer en practica o apartado anterior debedes percutir estes ecos rítmicos (necesitarás dúas culleres).

INSTRUMENTOS

Esta semana imos ver algúns instrumentos da familia de vento. Actividade interactiva.

PARA 5º e 6º

A disfrutar da música e do tempo de primavera !!!

RETO 1: RITMO COAS MANS

Ola familias! Estaba desexando que chegara esta semana para presentarvos os vídeos dos participantes no RETO do "ritmo coas mans" proposto para o alumnado de 3º a 6º. A semana que vén presentarei os vídeos do outro reto no que participan os nenos e nenas de 1º a 3º. Quixera decirvos que estou moi contenta pola vosa participación. Moitas graciñas.

https://drive.google.com/file/d/13PLkNtAVftH12itvJUQlWq3uYzBaqZk5/view?u...

SEMANA DO 19 AO 22 DE MAIO

Ola nenos, nenas e familias! Que tal este fin de semana un pouco máis longo que o habitual? Espero que disfrutárades moito e que  o bo tempo vos regale forza para continuar traballando. Xa queda menos!!!

PARA 1º e 2º

LINGUAXE MUSICAL

Estamos a traballar a colocación das notas no PENTAGRAMA (CANCIÓN).

PARA 1º: Practicaremos a nota FA (1º espacio) e a nota LA (2º Espacio). Actividade interactiva.

PARA 2º: Practicamos as notas no pentagrama, engadimos a nota LA. Actividade interactiva. Ao practicar a nota DO, atopámonos cun signo musical que debemos coñecer, A LIÑA ADICIONAL.

RITMO

E chegou o momento de propoñervos UN RETO.

Os que acepten o reto deben gravar un vídeo no que se vos vexa percutir o voso corpo coas dúas mans. Hai dúas modalidades: individual (ti só/soa) ou en parella (con alguén da familia).

O vídeo será curto (non máis de 15 segundos de duración) e en sentido horizontal. Enviar ao meu correo co nome , curso do alumno e modalidade antes do VENRES 29 de maio. Logo colgareinos no blog.

INSTRUMENTOS

Esta semana seguimos a repasar os instrumetos de percusión con estas actividades en Jclic. (non son de enviar) https://clic.xtec.cat/projects/muspercu/jclic.js/index.html

PARA 3º

LINGUAXE MUSICAL

Estamos a traballar a colocación das notas no pentagrama. Rock do Pentagrama.

Esta semana practicaremos todas as notas da escala de DO.

RITMO

¿Que tal levades o reto? Recordade que esta semana remata o plazo de entrega. Logo colgareinos no blog. Para facilitar a composición, recordade gravar en horizontal. Gracias.

Para aqueles que lles resulte un pouco difícil, presento outro RETO.

Os que acepten o reto deben gravar un vídeo no que se vos vexa percutir o voso corpo coas dúas mans. Hai dúas modalidades: individual (ti só/soa) ou en parella (con alguén da familia). O vídeo será curto (non máis de 15 segundos de duración) e en sentido horizontal. Enviar ao meu correo co nome e curso do alumno e modalidade, antes do VENRES 29 de maio. Logo colgareinos no blog.

INSTRUMENTOS

Esta semana seguimos a repasar os instrumetos de percusión con estas actividades en Jclic. (non son de enviar) https://clic.xtec.cat/projects/muspercu/jclic.js/index.html

PARA 4º,5º e 6º

LINGUAXE MUSICAL

Estamos a traballar a colocación das notas no pentagrama. Rock do Pentagrama.

Esta semana practicaremos todas as notas da escala de DO.

RITMO

¿Que tal levades o reto? Recordade que esta semana remata o plazo de entrega. Logo colgareinos no blog. Para facilitar a composición, recordade gravar en horizontal. Gracias.

Propóñovos agora unha actividade de ritmo apoiándovos nun musicograma,é dicir o que temos que percutir aparece representado graficamente. No vídeo non o di, pero recordade que a min gústame marcar os silencios. Podedes facer os silencios facendo que batedes coas mans pero sin chegar a golpear para non facer sonido ningún. 

FRAUTA

Que tal levades esa frauta? Xa vos decidístedes por algunha das cancións?

1. Canción sinxela  con só 4 notas (mi, fa, sol, la)

2. "A saia da Carolina"

3. Estribillo de la canción "Señorita" 

4. La Bella Ciao:

Versión rápida 

Versión lenta 

SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Ola a todos e todas! Preparados para repasar música unha semana máis?

1º e 2º  E. PRIMARIA

LINGUAXE MUSICAL

Seguimos repasando as notas: 

PARA 1º: Practicamos cun xogo as NOTAS MI, SOL e LA.

PARA 2º:Practicamos cun xogo as NOTAS MI, FA, SOL e LA.

RITMO

Propóñovos unha canción na que tedes que empregar o corpo como instrumento.

INSTRUMENTOS

Imos recordar o nome dalgúns instrumentos, comezaremos cos intrumentos de percusión. Para iso preséntovos este xogo. Ao rematar preme en repetir xogo para volver a xogar con outros instrumentos de percusión, se non cambiarás de xogo.

Recoñeces os seus sons? Actividade interactiva

Ahora clasifícaos segundo o material do que están feitos. Actividade interactiva.

3º E. PRIMARIA

LINGUAXE MUSICAL

Seguimos repasando as notas: DO,RE, MI, FA, SOL e LA.(actividade interactiva).

Ao practicar a nota DO, atopámonos cun signo musical que debemos repasar, A LIÑA ADICIONAL.

RITMO

E chegou o momento de propoñervos UN RETO. Imos practicar un RITMO COAS MANS.

Os que acepten o reto deben gravar un vídeo de non máis de 15 segundos de duración e en sentido horizontal. Enviar ao meucorreo co nome e curso do alumno e modalidade, antes do venres 22 de maio.

Os vídeos que vos propoño como mostra só enfocan as mans para que podades aprender o ritmo con máis facilidade, pero sería interesante que nos vosos vídeos poidamos ver tamén as vosas caras. Probade e si vos resulta difícil esperade ao reto da semana que ven e logo decidides onde participar.

Hai dúas modalidades:

* Participación individual.

* Participación en grupo. Podedes participar con algún membro da familia.  

INSTRUMENTOS

Imos recordar o nome dalgúns instrumentos, comezaremos cos intrumentos de percusión. Para iso preséntovos este xogo. Ao rematar preme en repetir xogo para volver a xogar con outros instrumentos de percusión, se non cambiarás de xogo.

Recoñeces os sons dos instrumentos? Actividade interactiva 

Ahora clasifícaos segundo o material do que están feitos. Actividade interactiva

4º, 5º e 6º E. PRIMARIA

LINGUAXE MUSICAL

Seguimos repasando as notas: DO,RE, MI, FA, SOL e LA.(actividade interactiva)

Ao practicar a nota DO, atopámonos cun signo musical que debemos repasar, A LIÑA ADICIONAL.

RITMO

 E chegou o momento de propoñervos UN RETO. Imos practicar un RITMO COAS MANS.

Os que acepten o reto deben gravar un vídeo de non máis de 15 segundos de duración e en sentido horizontal. Enviar ao meucorreo co nome e curso do alumno e modalidade, antes do venres 22 de maio.

Os vídeos que vos propoño como mostra só enfocan as mans para que podades aprender o ritmo con máis facilidade, pero sería interesante que nos vosos vídeos poidamos ver tamén as vosas caras. 

Hai dúas modalidades:

* Participación individual.

Participación en grupo. Podedes participar con algún membro da familia.

FRAUTA

Que tal coa frauta? Xa vos decidístedes por algunha das cancións? Esta semana non vou a aportar máis partituras. Pero si imos a traballar sobre a partitura de "A Carolina".

Para iso necesitamos imprimir a canción. (Para imprimir tedes que ir a adxunto ao final da páxina)

*A semana pasada recordábamos o signo de prolongación que chamamos PUNTO.

Marca con vermello na partitura todos os puntos que atopes e tamén o nome da nota que aumenta a súa duración.

*Esta semana toca repasar outro signo de prolongación, A LIGADURA.

Repasa con verde as ligaduras que atopes na partiturae recorda escribir debaixo como se le ao aumentar a súa duración.