SEMANA DO 19 AO 22 DE MAIO

Ola nenos, nenas e familias! Que tal este fin de semana un pouco máis longo que o habitual? Espero que disfrutárades moito e que  o bo tempo vos regale forza para continuar traballando. Xa queda menos!!!


PARA 1º e 2º

LINGUAXE MUSICAL

Estamos a traballar a colocación das notas no PENTAGRAMA (CANCIÓN).

PARA 1º: Practicaremos a nota FA (1º espacio) e a nota LA (2º Espacio). Actividade interactiva.

PARA 2º: Practicamos as notas no pentagrama, engadimos a nota LA. Actividade interactiva. Ao practicar a nota DO, atopámonos cun signo musical que debemos coñecer, A LIÑA ADICIONAL.

RITMO

E chegou o momento de propoñervos UN RETO.

 

Os que acepten o reto deben gravar un vídeo no que se vos vexa percutir o voso corpo coas dúas mans. Hai dúas modalidades: individual (ti só/soa) ou en parella (con alguén da familia).

O vídeo será curto (non máis de 15 segundos de duración) e en sentido horizontal. Enviar ao meu correo co nome , curso do alumno e modalidade antes do VENRES 29 de maio. Logo colgareinos no blog.

INSTRUMENTOS

Esta semana seguimos a repasar os instrumetos de percusión con estas actividades en Jclic. (non son de enviar) https://clic.xtec.cat/projects/muspercu/jclic.js/index.html

 

PARA 3º

LINGUAXE MUSICAL

Estamos a traballar a colocación das notas no pentagrama. Rock do Pentagrama.

Esta semana practicaremos todas as notas da escala de DO.

RITMO

¿Que tal levades o reto? Recordade que esta semana remata o plazo de entrega. Logo colgareinos no blog. Para facilitar a composición, recordade gravar en horizontal. Gracias.

Para aqueles que lles resulte un pouco difícil, presento outro RETO.

Os que acepten o reto deben gravar un vídeo no que se vos vexa percutir o voso corpo coas dúas mans. Hai dúas modalidades: individual (ti só/soa) ou en parella (con alguén da familia). O vídeo será curto (non máis de 15 segundos de duración) e en sentido horizontal. Enviar ao meu correo co nome e curso do alumno e modalidade, antes do VENRES 29 de maio. Logo colgareinos no blog.

INSTRUMENTOS

Esta semana seguimos a repasar os instrumetos de percusión con estas actividades en Jclic. (non son de enviar) https://clic.xtec.cat/projects/muspercu/jclic.js/index.html

 

PARA 4º,5º e 6º

LINGUAXE MUSICAL

Estamos a traballar a colocación das notas no pentagrama. Rock do Pentagrama.

Esta semana practicaremos todas as notas da escala de DO.

RITMO

¿Que tal levades o reto? Recordade que esta semana remata o plazo de entrega. Logo colgareinos no blog. Para facilitar a composición, recordade gravar en horizontal. Gracias.

Propóñovos agora unha actividade de ritmo apoiándovos nun musicograma,é dicir o que temos que percutir aparece representado graficamente. No vídeo non o di, pero recordade que a min gústame marcar os silencios. Podedes facer os silencios facendo que batedes coas mans pero sin chegar a golpear para non facer sonido ningún. 

FRAUTA

Que tal levades esa frauta? Xa vos decidístedes por algunha das cancións?

1. Canción sinxela  con só 4 notas (mi, fa, sol, la)

2. "A saia da Carolina"

3. Estribillo de la canción "Señorita" 

4. La Bella Ciao:

Versión rápida 

Versión lenta