SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Ola a todos e todas! Preparados para repasar música unha semana máis?

1º e 2º  E. PRIMARIA

LINGUAXE MUSICAL

Seguimos repasando as notas: 

PARA 1º: Practicamos cun xogo as NOTAS MI, SOL e LA.

PARA 2º:Practicamos cun xogo as NOTAS MI, FA, SOL e LA.

RITMO

Propóñovos unha canción na que tedes que empregar o corpo como instrumento.

INSTRUMENTOS

Imos recordar o nome dalgúns instrumentos, comezaremos cos intrumentos de percusión. Para iso preséntovos este xogo. Ao rematar preme en repetir xogo para volver a xogar con outros instrumentos de percusión, se non cambiarás de xogo.

Recoñeces os seus sons? Actividade interactiva

Ahora clasifícaos segundo o material do que están feitos. Actividade interactiva.

 

3º E. PRIMARIA

LINGUAXE MUSICAL

Seguimos repasando as notas: DO,RE, MI, FA, SOL e LA.(actividade interactiva).

Ao practicar a nota DO, atopámonos cun signo musical que debemos repasar, A LIÑA ADICIONAL.

RITMO

E chegou o momento de propoñervos UN RETO. Imos practicar un RITMO COAS MANS.

Os que acepten o reto deben gravar un vídeo de non máis de 15 segundos de duración e en sentido horizontal. Enviar ao meucorreo co nome e curso do alumno e modalidade, antes do venres 22 de maio.

Os vídeos que vos propoño como mostra só enfocan as mans para que podades aprender o ritmo con máis facilidade, pero sería interesante que nos vosos vídeos poidamos ver tamén as vosas caras. Probade e si vos resulta difícil esperade ao reto da semana que ven e logo decidides onde participar.

Hai dúas modalidades:

* Participación individual.

* Participación en grupo. Podedes participar con algún membro da familia.  

INSTRUMENTOS

Imos recordar o nome dalgúns instrumentos, comezaremos cos intrumentos de percusión. Para iso preséntovos este xogo. Ao rematar preme en repetir xogo para volver a xogar con outros instrumentos de percusión, se non cambiarás de xogo.

Recoñeces os sons dos instrumentos? Actividade interactiva 

Ahora clasifícaos segundo o material do que están feitos. Actividade interactiva

 

4º, 5º e 6º E. PRIMARIA

LINGUAXE MUSICAL

Seguimos repasando as notas: DO,RE, MI, FA, SOL e LA.(actividade interactiva)

Ao practicar a nota DO, atopámonos cun signo musical que debemos repasar, A LIÑA ADICIONAL.

RITMO

 E chegou o momento de propoñervos UN RETO. Imos practicar un RITMO COAS MANS.

Os que acepten o reto deben gravar un vídeo de non máis de 15 segundos de duración e en sentido horizontal. Enviar ao meucorreo co nome e curso do alumno e modalidade, antes do venres 22 de maio.

Os vídeos que vos propoño como mostra só enfocan as mans para que podades aprender o ritmo con máis facilidade, pero sería interesante que nos vosos vídeos poidamos ver tamén as vosas caras. 

Hai dúas modalidades:

* Participación individual.

Participación en grupo. Podedes participar con algún membro da familia.

FRAUTA

Que tal coa frauta? Xa vos decidístedes por algunha das cancións? Esta semana non vou a aportar máis partituras. Pero si imos a traballar sobre a partitura de "A Carolina".

Para iso necesitamos imprimir a canción. (Para imprimir tedes que ir a adxunto ao final da páxina)

 

*A semana pasada recordábamos o signo de prolongación que chamamos PUNTO.

Marca con vermello na partitura todos os puntos que atopes e tamén o nome da nota que aumenta a súa duración.

*Esta semana toca repasar outro signo de prolongación, A LIGADURA.

Repasa con verde as ligaduras que atopes na partiturae recorda escribir debaixo como se le ao aumentar a súa duración.

 

AnexoTamaño
A SAIA DA CAROLINA.pdf258.96 KB