Skip to Content

Animación á lectura

Conmemoración A Constitución Española

Velaquí vos deixamos as obras de arte que fixeron todos os nenos e nenas do CEIP O Areal para conmemorar o Día da Constitución Española.

Aprenderon moitas cousas interesantes e a mostra queda nesta fermosa actividade que nos propuxo o equipo de Biblioteca do Centro.

Agardamos vos gusten moito. 

 

BIBLIOTECA

Dende a biblioteca queremos animarvos a seguir lendo os libros do cole. Aquí vos deixamos un enlace a Meiga, o Portal das bibliotecas de Galicia, para que podades consultar o catalogo da nosa biblioteca e fagades as vosas reservas.

                                                     

GALICIA LE

Apetéceche visitar a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

 

25 DE NOVEMBRO.

Estimadas familias, aqui vos deixamos un GENIAL.LY cunha serie de recursos para traballar o Día Contra a Violencia de Xénero.

 

O SAMAIN

Queridas familias:

Aqui vos vai nun pequeno video para que vexades como se celebrou no cole o Samain e como o disfrutaron todos os cativos entre debuxos, xogos de pistas, disfraces e visitando a exposición de cabazas tan terroríficamente fermosas que tivemos na entrada do cole.

Foi un gran día e aquí poderedes velo!!

 

NOTA:

Tamén vos recordamos que nesta mesma páxina, no apartado de galería veredes as fotos que se foron sacando no dia do Samaín aos nenos e nenas par que vexades que gran festa había no colexio.

Poderes velas e incluso descargalas.

 

O MAGOSTO

E velaquí están os fermosos murais que estiveron a construir todos os nenos e nenas do noso colexio e que agora decoran as paredes do centro.

Vaia artistas temos!

Agardamos vos gusten.

 

 

Lecturas recomendadas do SAMAÍN!!

Ola a todos/as!!

Como ben sabedes, o día 31 de Outubro celébrase o Samaín. Supoñemos que xa vos destes de conta pola ambientación que hai espallada polo interior do colexio.

Dende a biblioteca gustaríanos deixarvos algunhas recomendacións lectoras para que pasedes un pouquiño de medo:

 

Chegou o SAMAÍN!!!

Estimadas familias:

Xa chegou a primeira celebración do curso 2020/2021, chegou O SAMAÍN!!!

Ao longo da vindeira semara festexaremos o samaín cunha chea de actividades propostas dende os Equipos de Dinamización da lingua galega e o Equipo de Biblioteca sen esquecernos do xa tradicional dia de disfraces e a exposición de cabazas.

Boa fin de semana e mellor semana.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut