Skip to Content

Animación á lectura

23 DE ABRIL. O DIA DO LIBRO

Queridas familias, o pasado 23 de abril foi o DÍA DO LIBRO.

No noso centro e, como proposta do equipo de biblioteca, conmemoramos este día tan especial traballando cada clase na creación dun video sobre un libro escollido polos nenos.

Ademais diso, decoramos a porta da aula coa portada do libro que cada clase traballou.mAquí vos deixamos estas fermosas obras.

Agardamos que vos gusten. Unha forte aperta.

video 3 anos

 

Video 5 anos

 

video 6º infantil

 

video 1º E.P.

 

video 2º E.P

 

 

Video 3º E.P

 

 

Video 4º E.P

 

Video 5º E.P

 

Video 6º E.P.

 

NOVO VIDEO, NOVO CONTO!!

Agardando un xoves máis para presentar desta volta o conto  BO CAMIÑO VALENTIÑO narrado polos nenos e nenas de 6º de primaria do ceip O Areal.

Unha forte aperta a todos, agardamos que vos guste e vos entreteña.

 

Video

 

A QUEN LLE TOCA AGORA?

E de novo un contacontos no CEIP O Areal.

Os nenos e nenas de 4º de educación primaria preséntannos o conto: El pez arcoiris. 

Video 1

 

 

Alá vai outro contacontos!!

Tócalle o turno aos nenos e nenas de 5º de E.P que desta volta nos van a contar o conto " Las peincesas tambien se tiran pedos".

Video 1

 

 

24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Os nenos e nenas do CEIP O AREAL conmemoraron o Día de Rosalía con bailes, composicións, risas e fermosas imaxes para recordar esta gran figura feminina da nosa rica cultura.

video 1

 

 

MAIS CONTACONTOS

E aquí vai un novo contacontos. Desta volta tocou ao conto ELMER, interpretado polos nenos e nenas de 6º de primaria.

Esperamos vos guste moito.

Video.

 

MARZO: 1 CONTO AO DÍA POLA IGUALDADE

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os eidos da sociedade.
Dende a escola gustaríanos por en valor o uso da literatura para promover a igualdade, a diversidade de roles ou modelos e o rexeitamento á violencia na construción da súa identidade.
Como pensamos que un día non chega para alcanzar tal fin, adicarémoslle o mes de Marzo, que será considerado o mes da igualdade.
Todos os días leeremos ou visionaremos un conto no que as personaxes viven aventuras dun xeito diferente ao que nolo contaban ata agora.
Agardamos que vos guste
 
 

 

A MANCHAS OU A RAIAS

Moi boas familias. De novo un contacontos dos nosos nenos e nenas. Desta vez tocoulle a 4º de Primaria. 

Aquí vos deixamos a fermosa interpretación destes nenos.

Agardavos que vos guste e o disfrutedes moito.

 

Video 1.

 

DE RECITAIS CON ROSALIA DE CASTRO

Outro mércores máis e como non celebrando o Día de Rosalía. Dende o Equipo de Biblioteca propuxeron este fermoso recital gráfico recitando un poema de Rosalía de Castro cos nenos e nenas de 5º de E.P.

Video 1. 

 

 

CONTACONTOS NO AREAL

Os mércores contamos contos no Areal. 

Aqui vos deixamos uns videos cuns contacontos para os mais cativos feitos polas nenas e nenos do colexio. E como non podía ser doutra maneira, referidos ás mulleres e nenas científicas.

Video 1.

Video 2.

Distribuir contido


by Dr. Radut