Skip to Content

Monthly archive

SEMENTEIROS

4°A plantamos sementes variadas.

   

O alumnado de 4°A, seleccionamos da mesa de sementes que temos no corredor central da escola as sementes que máis nos gustaron. O 1 de febreiro fixemos os nosos sementeiros, que puxemos na entrada da escola para que medren e máis adiante levar á horta.

Agora temos que regalas e esperar a que medren, xa vos iremos contando.

Deporte en Tui

IX edición do BTT EUROCIDADE VALENÇA – TUI – VALENÇA

O vindeiro 20 de marzo, terá lugar á IX edición do BTT EUROCIDADE VALENÇA – TUI – VALENÇA, este ano será unha das probas maís esperadas dos últimos anos. Haberá dúas distancias 43 e 70 Km, onde podedes gozar co percorrido e con todo o demáis: os avituamentos, o bo ambiente, o porco ó espeto, e co recontro e a copañía dunha chea de amigos. Animádevos a participar nas vosas bicicletas ou do ambiente de festa. Atoparedes máis información se pinchades na imaxe.

 

XARDINEIRAS RECICLADAS

XARDINEIRAS RECICLADAS

Curso 21-22

Estamos a elaborar unhas xardineiras con materiais de refugallo ou que xa non empregamos. É inclible a creatividade que podemos desenrolar e a cantidade de cousas que podemos facer con obxectos que ían a parar aos vertedoiros.

Cada clase escolleu unha temática o os alumnos/as traen da casa obxectos relacionados co tema elexido nos que se poida por unha planta, semente... xa temos tres. 

"Os xoguetes florecen" dos nenos e nenas de 6ºEI (5 anos)

 

 

 

"O deporte é vida" da clase de 4ºC

 

 

"Imos de viaxe" da clase de 4ºA

Deporte en Tui

Carreira Popular de San Telmo 22

Sábado 23 de Abril 2022 ( Tui )

             O pasado sábado de San Telmo, día  23  de Abril de 2022, a partires das 10:30h, tivo lugar a “Carreira  Popular de San Telmo 2022”.  Unha xornada estupenda na que participou un elevado número de alumnado. Noraboa a tódolos participantes.

Lecturas Deportivas

LA CHICA JUEGA AL FÚTBOL | Carinhas animadas, Emoticons ...Sara Tui Campiona de

Europa de Fútbol Praia.

Abel 5ºB

Abel de 5ºB compartiu hoxe con nós un artigo de prensa do Faro de Vigo do día 12 de setembro de 2022. Descubrimos que Sara Tui unha gran futbolista tudense, participou no Campionato de Europa de Fútbol praia proclamándose Campiona de Europa.

A Abel gustoulle esta noticia porque Sara, xogou no Tyde co seu tío, e cree que é unha gran xogadora e unha noticia importante para compartir.

Andrea Mirón, Sara Tui y Carol González, con el trofeo.

Aliméntate ben

Boliños de panPan Pan Girando GIF - Pan Pan Girando Girando - Descubre & Comparte GIFs

2º de Educación Primaria.

O venres 7 de outubro de 2022, o alumnado de 2º de Educación Primaria, fixemos boliños de pan.Este ano imos traballar a importancia de alimentarse ben, para iso este día preparamos a nosa receita de boliños de pan cos seus ingredientes. Aquí a tedes para animarvos a facelos nas vosas casas.

Coas profes Raquel e Noelia, preparamos a receita, e fixemos os nosos boliños.

Panadeiros por un día foi fantástico e os boliños estaban riquísimos. Animádevos a probar a facelos nas vosas casas.

EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS DE ENTROIDO CON ELEMENTOS NATURAIS

Preme na imaxe para ver as máscaras tan fermosas que fixo o noso alumnado.

DÍA DEL ÁRBOL

 

DÍA DEL ÁRBOL 

21 de marzo

Actividades no medio natural

Tui en Ruta 22.

O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 e o Concello de Tui,  organizou 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Centro educativo e do Río Miño.

Dita actividade esta destinada os/as 42 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do noso centro educativo.

A actividade tivo lugar o luns 20 e martes 21 de xuño de 2022.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo a vez que achegan ao noso alumnado, ao seu entorno natural máis próximo como é o Río Miño. Para iso propuxemos dúas xornadas:

1ª Xornada: O día 20 de xuño, levaríamos a cabo unha Marcha Ciclista, polo sendeiro Tui-Caldelas, co disfrute do Balneario de Caldelas, toma de contacto co Kayak-polo, Slalom e Ciclismo.

2ª Xornada: O día 21 de Xuño  levaríamos a cabo unha xornada de Ginkana ciclista no patio do centro educativo.

Grazas ao  Concello de Tui, á policía Local de Tui, a Consellería de Medio Ambiente, ao Balneario de Caldelas, ao Club Penedo de Caldelas, ao Club de piragüismo Kayak Tudense  e as distintas entidades  que fixeron posible que dita actividade se levara a cabo. Moitas grazas a toda a Comunidade Educativa.



by Dr. Radut