Hoxe 25 de novembro de 2022, Nora de 5ºA déixanos esta gran proposta: Isidora Moon, un libro de aventuras para deixar voar a vosa imaxinación, de fácil lectura.
Una lectura que podedes buscar na biblioteca, nas librerías de proximidade, etc... Isidora é unha colección para viaxar polo mundo das fadas...
O vindeiro sábado 19 de marzo de 2022, terá lugar en Tui a 41 Regata Miño Internacional de remo. A saída será dende Curras ( Tomiño) ás 11:50h e a chegada está prevista a partires das 12:15, ás inmediacións do centros de remo e piragüismo de Tui.
A semana do 10 ao 12 de maio, o alumnado de 4º, aproveitou o bo tempo, para pasar as súas sementes á horta. Meses atrás este alumnado plantara en interior sementes de cabazas, esponxas, sandias, melóns,etc... que foron medrando cos seus bos coidados e agora precisaban ser plantadas en exterior.
Toca agora coidalas na horta, para que medren sandías, cabazas, etc.
Os vindeiros 27 e 28 de outubro comezaremos as actividades deportivas de Agrudebam. A primeira proba será a proba de campo a través en horario lectivo, onde o máis importante será a participación. Os cursos que participarán serán 2º,3º,4º e 5º de primaria. A proba terá lugar na Ribeira de Caldelas entre as 10:00h e as 13:30h. Se premedes enriba da foto podedes acceder a información que Agrudebam ten publicada na súa web:das carreiras, distancias, lugar, etc...
Tui acollerá o Campionato Galego de Seleccións comarcais de fútbol sala o martes 6 de decembro
Tui acollerá o próximo martes, 6 de decembro, o Campionato Galego de Seleccións comarcais de fútbol sala, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello de Tui e o club A Quinta de Tui Futsal.
Aos que vos guste este deporte, animádevos a ir ata os pavillóns de Tui onde poderedes gozar do mellor fútbol-sala de base. Clicade sobre a imaxe para dispoñer de máis información.