Skip to Content

Monthly archive

A nosa horta

AS LEITUGAS de 5ºA, listas para comer!.

Curso 21-22

O venres 25 de febreiro, o alumnado de 5ºA recollemos a primeira colleita de leitugas. Cada un/unha levamos a nosa leituga para casa, para facer deliciosas ensaladas. Aquí vos deixamos imaxes da nosa colleita.

Deporte en Tui

Carreira Popular de San Telmo 22

Sábado 23 de Abril 2022 ( Tui )

             O vindeiro sábado de San Telmo, día  23  de Abril de 2022, a partires das 10:30h, vai ter lugar a “Carreira  Popular de San Telmo

2022”.  

Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e maiores que queiran participar. A proba está organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui, e gustaríanos contar cun gran número de participantes, xa que se realizará na nosa cidade. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta nota asinada antes do vindeiro venres día 8 de abril. Á volta de das vacacións enviaremos os horarios por categorías. A proba para @s nen@s será a partires das 11:30h.    

Categorías: 

Xuvenil / Junior 03/06                11.00h        5000 m. 1 PEQ + 2 GR

Senior entre 1987 e 2002            11.00h        5000 m. 1 PEQ + 2 GR

Veterán A entre 1977 e 1986       11.00h        5000 m. 1 PEQ + 2 GR

Veterán B 1976 ou anterior          11.00h        5000 m. 1 PEQ + 2 GR

Cadete 07/08                               11.45h        2330 m. 1 GR

Infantil 09/10                              11.45h        2330 m. 1 GR

Alevín 11/12                                  12.00h         680 m. 2 PEQ

Benxamín 13/14                            12.15h          340 m. 1 PEQ

Prebenxamín 15/16                       12.30h          170 m. ½ PEQ

 Pitufos 17/18/19                          12.45h          100 m. Recta

Circuito:

Volta grande.

 Volta Pequena.

 

Todos os participantes terán que estar alí 15 minutos antes da súa proba para que lle deamos o dorsal. 

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a  tiveran senon traerán camiseta branca), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

O Club Atletismo realizará a tradicional OPERACIÓN KILO na que os participantes intercambiarán un kilo de un alimento non perecedeiro polo seu dorsal. Ditos alimentos serán entregados a unha ONG.

Actividades no Medio Natural

Ruta en Patinete 4º.

Mércores 9 de xuño de 2022

 O pasado xoves 9 de xuño de 2022,  levouse a cabo unha Ruta en patinete, para todo o alumnado de 4º. Consistiu nun paseo en patinete dende o colexio ata a praia de Guillarei e volta ao centro educativo, tendo lugar diversos talleres de alimentación, ecoloxía, relaxación e reciclaxe durante a actividade.

Circulares Informativas Curso 2022/23

  • Circular Informativa 
  • Circular Informativa 
  • Circular Informativa
  • Circular Informativa 

PATRULLAS ECOLÓXICAS EN ACCIÓN

reciclaje organico | Imagenes de reciclaje, Viaje con amigas, Reciclajereciclaje plastico | Reciclaje, Reciclaje plastico, Disenos de unasreciclaje papel | Imagenes del medio ambiente, Disenos de unas, Reciclaje

 

PATRULLAS ECOLÓXICASReciclaje – UN MUNDO DE MATERIALES 

Curso 22-23

As patrullas ecolóxias de 5º e 4º xa están en marcha. Cada unha coas súas responsabilidades.

A eco-patrulla de 5º está formada por un equipo de 10 nenos e nenas que se encargar de regar as plantas, revisar a horta e a milla. Tamén vacian o contenedor dos restos orgánicos que hai no  patio no composteiro.

A eco-patrulla de 4º está formada por un equipo de 6 nenos e nenas que se encargan de axudar aos pequeños de infantil nas tarefas de reciclaxe. Ao rematar o patio pasan pola zona de infantil e vacían as súas papeleiras ( papel, plástico e compost) no seu lugar correspondente.

 

Están a facer un excelente traballo! Noraboa!

 

 

Acompañamiento Emocional

Mindfulness. Mariposas volando gifs animados | Pink butterfly, Butterfly ...

Identificar as emocións.Mariana Luna — Mariposas gif :3

Abrazo da Volvoreta.

Agora que xa sabemos identificar as emocións é moi importante que aprendamos a cambialas.

Hoxe ofrecémosvos un exercicio que vos vai a axudar a cambiar a emoción do medo, enfado, tristeza por un sentimento de calma, tranquilidade, paz. 

Atrévete a practicalo e cambia aquilo que te fai sentir mal, por aquelas cousas que te fan sentir en calma, tranquilo...

 

Lecturas Deportivas

Lady Pecas Secret Diary.

Abril 5ºB.

O día 1 de decembro de 2022, Abril de 5ºB propúxones a lectura de Lady Pecas Secret Diary.

 

O baile de fin de curso é o obxetivo de Lady Pecas e as súas amigas, que van a por todas.

Unha lectura fascinante para os que vos gusten as lecturas escolares.

el baile de fin de curso (secret diary 1)-9788418318894

Moitísimas grazas Abril!.

Deporte en Tui

       Roteiro  Ilustrado

“Camiñando con elas”.

Día da Muller.

             8 de marzo de 2022

O pasado martes 8 de marzo, celebrouse o día da Muller. Dende o Concello presentouse o roteiro ilustrado “Camiñando con elas”, enmarcado no proxecto “O Tui das Mulleres. A historia non contada”, cun percorrido teatralizado polo conxunto histórico da man de María Chamadoira.

Nesta ruta dase visibilidade a dez mulleres tudenses: Rosa Bahamonde, María Tydeska, Raíñas Dona Urraca, Clara Torres, Josefa Correa, Conchiña Concheiro, Mª Suaréz Sarmiento, Evangelina Jaso, Cándida Rodríguez e Antonia Saravia.

A ruta volverá realizarse o domingo 20 deste mes ás 12 h. Para asistir é preciso inscrición previa na Oficina de Turismo. Animádevos a participar. Pinchade sobre a foto para ter máis información.

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

Categoría Alevín

 

O vindeiro martes 10 de maio, dará  terá a competición escolar de Bádminton. A 2ª
xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) será no Pavillón do Ceip Randufe. O
autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s
@s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se
 tiveran, chandal do mesmo e merenda. @s
nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles
xurde  algunha dúbida poden chamar ao
teléfono: 650602161.



by Dr. Radut