Skip to Content

Monthly archive

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

Categoría Benxamín e Infantil

 O vindeiro martes 3 de maio, dará  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil ( repetidores de 6º) será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo e merenda. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

A Milla

Visita aos Parques Naturais de España.

Durante o mes de Marzo, Abril e Maio o alumnado do C.E.I.P Nº2 de Tui percorremos moitas millas, no noso circuito do cole, tantas que nos permitiron visitar case todos os Parques Naturais e Nacionais de España.

 Despois de percorrer todos os espazos naturais de Galicia e Portugal puxemos rumbo a España, que nos ofrece moitos espazos con encanto, para practicar actividade física, sá e saudable.

 Animamos ao noso alumnado a visitar en familia, durante as vacacións do verán, calquera de estes fermosos parques.

Deporte na Escola

 

INFANTIL 5 - COLÉGIO SER: VIDEOAULA - FICHA 97 + PORTFÓLIO - 08/06/2020

Xornada de Xogos

Populares

para alumnado de

Infantil.

 

O pasado venres día 4 de novembro de 2022,

levouse a cabo a xornada de xogos populares

para o alumnado de Infantil no colexio. O

alumnado de 6º foi o encargado de ensinar

aos demáis cativos moitos, moitos xogos

antigos, para nenos e nenas de agora. O certo

é que o fixeron xenial como profes. Noraboa!.

Din os nenos e nenas de Ed. Infantil que o pasaron xenial con vós.

Tenis de Mesa 22-23

O pasado mércores día 23 de novembro de 2022, tivo lugar a 1ª xornada da competición escolar de Tenis de Mesa,no Pav. do Ceip de Sobrada.

(Preme na imaxe para  máis información)

Aliméntate ben

MESA CON PRODUTOS DE OUTONO

As familias colaboraron traendo produtos típicos do outono para expoñer no recuncho de Voz Natura E Aliméntate ben e que todos puidesen tocar, cheirar e incluso probar: castañas, noces, piñóns, follas, espigas, cabazas…

 

SEMENTEIROS

O alumnado de 1º sementamos nos bancais da horta.

   

O alumnado de 1º plantamos sementes de perexil, cenorias, apio, tirabeques, etc...ao final do mes de Xaneiro. Fixémolo nos bancais da horta, onde esperamos que medren para poder facer platos saudables deliciosos.

Deporte na Escola

      DEPORTE ESCOLAR.

 Xornada de Atletismo 

A Macoca ( Pazos de Reis)

 Curso 21-22

 

 Venres día 18 de Marzo de 2021

    O vindeiro venres,  día  18 de Marzo de 2021, terá lugar nas instalación da A Macoca a xornada de atletismo en pista que se levara a cabo de 10:30 a 13:45h aproximadamente. Os cursos participantes serán 5ºA e 5ºB.

      O alumnado de 5º sairá do colexio, en autobús, ás 10:00h e volta ao mesmo arredor das 13:50 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente a partires das 11:00h.

    Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade ( autorizada polas familias ao comezo de este curso 21-22 no Programa Xogade)  terán que traer: Chándal ( o do cole se tiveran), equipaxe deportiva do mesmo, gorra, mochila e merenda.

    Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios.

     Atoparedes información detallada da proba, na web de Agrudebam.

 

 

 

A Nosa Horta

Novas Plantas aromáticas no bancal de 3º.

O pasado mércores 11 de maio, o alumnado de 3ºB levou a horta plantas aromáticas, para completar as que xa plantaran meses anteriores. Desta tanda levaron Cilantro, Herba Luisa, etc... Agora unha vez plantadas serán os encargados de regar e coidar para ter condimentos culinarios.

Fai Clic ao Teu Bocata

Fai clic ao teu bocata

 

Esta semana tivemos os talleres de "fai clic ao teu bocata" onde os nenos e nenas de todo o colexio puideron aprender moitas cousas sobre as conservas, a alimentación saudable e distintas receitas para as súas próximas merendas. Ademais pasaron un bo rato de xogos e degustaron un rico bocadillo con leituga, tomate, sardiñas e queixo. 



by Dr. Radut