Skip to Content

Monthly archive

A Nosa Horta

Aparecen os primeiros Xirasois.

3ºA e 4ºA

Eco-reto marzo.

 

 Coa chegada da primaveira o 21 de marzo, comezan a saír as primeiras plantas de xirasois que plantaron o alumnado de 3ºA e 4ºA. Sorprendeunos como as pipas se abren e voan sobre as  follas. Aquí vos deixamos as imaxes de como nos van sorprendendo co seu crecemento.

 

O DOUS NAS ONDAS....EN GALEGO!!!

E xa para rematar, aquí vos deixamos a última actividade feita polo alumnado do cole...cada aula ou nivel participou na elaboración e gravación dun programa en galego na nosa radio do cole...O dous nas ondas.

As cuñas de inicio e despedida son uns segundiños dunhas cancións de Paco Nogueiras, moi apropiadas para esta actividade.

Hai algún programa que non quedou como orixinalmente era debido a problemas derivados de deritos de autor e cousas asi...polo que pedimos desculpas dende o equipo a o alumnado implicado. Seguiremos aprendendo xuntos para mellorar!!!

Feitos con moito agarimo polos nosos nenos e nenas......Aqui tedes os programas!!!

 

 

 

 

 

 

 .    

Educación Física

Material de Educación Física para o alumnado

 de Educación Primaria:

Deporte na escola

 

Gifs Animados de Ping PongTenis de Mesa 22-23.Gifs Animados de Ping Pong

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

16, 23 e 30 de novembro2022

Os Vindeiros mércores 16,23e 30 de novembro de 2022, vai ter lugar a competición escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva no Pav. do Ceip de Sobrada. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º, 4º, 5º a 6º que queiran participar. 

Pincha aquí para descargar a autorización para participar en tenis de mesa.

Aliméntate ben

Gifs animados de Lechugas, animaciones de LechugasSementando Leitugas.▷ Gifs Animados de Alimentos - Gifs Animados

O alumnado de 5ºA de Educación Infantil o venres día 11 de novembro visitou a horta para sementar chícharos e leitugas. Fixeron unha sementeira, cando medren separarán as plantas para que medren boas leitugas, para facer ensaladas de todo tipo.

Deporte en Tui

Carreira Castro San Miguel Oia

16 de febreiro de 2022.

O pasado domingo 16 de febreiro, tivo lugar a Carreira Castro San Miguel en Oia. Na mesma, participou o Club Atletismo Tui con moitos deportistas, entre os que se atopaban Vio e Elena de 3ºC. Elas quixeron compartir coa súa clase as súas medaias. Noraboa Campionas.

Deporte en Tui

Aloia Kids Trail 22.

Sábado 7-8 de maio de 2022.

O vindeiro sábado 7 de maio de 2022, as 16:30h terá lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr, gozando do entorno do Parque Natural do 

Monte Aloia en Tui.

As Categorías serán:

Sábado 7 de maio ás 16:30h.

BABY POWER: de 5 a 8 años

BABY ROCKET: de 9 a 11 anos

BABY WARRIORS: de 12 a 14 anos

Tódolos participantes levarán un agasallo o rematar a proba.

Domingo 8 de maio ás 10:00h

ADULTOS: realizarán a súa proba o domingo 8 de maio, a saída ás 10:00 da mañá e reservado para corredores maiores de 18 anos. 21km e con un desnivel de mais de 600 metros.

Maiores de 15 anos. Será unha proba de 12k e a saída será as 11:00 horas.

A inscrición na proba poderá realizarse cubrindo o seguinte formulario:

https://www.deporticket.com/web-evento/6808-aloia-trail

Atoparedes toda a información en :

http://www.traildoaloia.com/

Dende o Equipo de Deporte no 2, animamos a todo o alumnado e familias a sumarse a esta iniciativa de vida sa e saudable, que temos a oportunidade de gozar en Tui.

Deporte Escolar

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

O pasado mércores 25 de maio, tivo lugar a Xornada Final  da competición escolar de Bádminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. Unha xornada estupenda, na que todo o alumnado recibiu a súa medaia de participación.



by Dr. Radut