Skip to Content

Monthly archive

Tenis de Mesa 17-18. Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 2 de Maio de 2018

Tenis de Mesa 17-18.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 2 de Maio de 2018

O pasado,  Mércores día 2 de Maio,  tivo lugar a  Xornada Final  da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 17-18 no Pavillón de Sobrada. Unha xornada na que xogamos a final e saiu a clasificación por postos que podedes ver aquí. Noraboa a tod@s participantes.

Monção e Melgaço Granfondo by Trek. “Aceitar os desafíos faz-nos grandes, Vencê-los torna-nos imortais”.

 Monção e Melgaço Granfondo by Trek.

Aceitar os desafíos faz-nos grandes,

Vencê-los torna-nos imortais”.

O pasado domingo 24 de setembro de 2018, tivo lugar en Monçao e Melgaço unha proba ciclista de Granfondo, baixo o lema "Aceptar os desafíos fainos grandes, vencelos volvenos inmortais". En esta proba a maior parte dos participantes facíano con bicicletas de carretera, sen embargo tamén se podía disfrutar de outros tipos de bicicletas. Podiase elexir entre  tres percorridos ou una camiñata, que cada participante escolleu según a súa condición física, a súa forza mental e o seu afán de superación:

  • Granfondo (131 km  ).
  • Mediofondo ( 106 km ).
  • Minifondo (62 km).
  • Camiñata solidaria.

Nesta proba participaron ciclistas de tódalas idades nas categorías masculina e feminina, un total de 2000 participantes aproximadamente. Unha proba con moita expectación, digna de disfrutar como público ou como participante.  Entre os participantes soaban nomes como o de Juan Antonio Flecha,  Raúl Alarcón ou o galego Gustavo Cesar Veloso, grandes ciclistas.

Pero hoxe para nós, os protagonistas van ser eses ciclistas anónimos que fan posible que estas probas se leven a cabo; esas persoas que cada día collen a súa bicicleta, preparan a proba, visualizan o percorrido e que disfrutan o día da mesma, todo iso unido aos seus traballos diarios. Eles realmente son os heróes de estas grandes probas. Este grupo de amigos apaixoados da bicicleta que decidiron disfrutar esta gran proba, en función das súas posibilidades físicas, mentais e do seu afán de superación. Ti cal escollerías? Con cal de estes ciclistas te identificarías?.

Julián ( O avó de Martín da clase de 3 anos) e o seu amigo Copena dous ciclistas con moita experiencia na volta ciclista a España, decidiron achegarse coa súa bicicleta ata a liña de saída e disfrutar da expectación da proba e animar aos seus amigos que decidiran participar. Algún día, igual eles se animan a participar nunha proba de esta dificultade.

Bego unha ciclista veterana, con moitos kilómetros nas súas pernas, que esta vez optou pola camiñata solidaria, disfrutar e relaxarse nas paisaxes naturais de Melgaço e Monçao .

Juan un ciclista moi experimentado e moi constante que optou pola proba de Mediofondo (106km), onde estaba a meirande parte dos participantes, proba moi intensa, con moita calor e con moitos deportistas profesionais.

Soco unha apaixoada da bicicleta, loitadora e con moita garra, decidiu conquistar a proba do Granfondo (131Km), unha proba moi longa e moi dura, onde demostrou que era das poucas mulleres que se atreveron con esta proba. É moi difícil ver como deporte e muller van collidos da man; Soco ven de demostrarnos que iso é posible.

Todos eles son persoas anónimas que escollen facer deporte, como parte dunha vida saudable e feliz subidos nas súas bicicletas. Un referente para todos nós, para que nos animemos a facer o deporte que nos gusta, sempre escollendo a opción que nos permita disfrutar do mesmo. 

III Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

III Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

Os alumnos de 6º do Ceip Nº2 de Tui, Claudia, Mónica, Suso, Diego e Jose, xunto ao equipo de Deporte no 2, participaron como voluntarios no desenrolo da proba. Unha sorte e unha satisfacción poder colaborar nesta proba. Aquí vos deixamos un exemplo do ben que o pasamos e da importancia que ten colaborar e axudar nas probas deportivas para que estas se leven a cabo con éxito.

 As empresas QUALITÉ SPORT EVENTS S.L, e SRA. EMILIA AGENCIA DE COMUNICACIÓN Y PUBLICIDAD S.L, en colaboración coa  EUROCIDADE TUI-VALENÇA, organizaron o pasado sábado 03 de Noviembre a III Edición da “URBAN TRAIL NIGHT – EUROCIDADE” 

- SAIDA E CHEGADA. A saída deuse o sábado 03 de noviembre ás 20:30 (hora española) dende a Avda. Miguel Dantas de Valença do Minho en Portugal e a chegada será no paseo da Corredera de Tui. Atoparedes máis información en:http://urbantrailnight.com/

Os alumnos de 6º do Ceip Nº2 de Tui xunto ao equipo de Deporte no 2, participaron como voluntarios no desenrolo da proba, unha sorte e unha satisfacción poder colaborar nesta proba. Os voluntarios do cole tiveron que estar ás 20:00h no centro Interfederado de Tui e remataron sobre ás 22:00h cando rematou a proba. Moitas grazas a todos por colaborar.

 

O patio de Lúa

O patio de Lúa.

Durante os recreos e despois de preguntar aos nen@s do colexio, Lúa modificou os espacios para xogar no tempo de lecer. Así, ademáis de xogar nas pistas a deportes como: fútbol,balonmán, brilé, baloncesto e Volei tamén podemos disfrutar de: Xogos Populares, Twister e Música.

Blogs do profesorado

              
     
 

                   

                                        

   
     

As antigas alumnas do Ceip Nº2 de Tui Nuria e Gemma Martínez Fortuny na élite do balonmán Feminino. Club Godoy Maceira Balonmán Porriño Temporada 18-19

 

As antigas alumnas do Ceip Nº2 de Tui Nuria e Gemma Martínez Fortuny

na élite do balonmán Feminino.

Club Godoy Maceira Balonmán Porriño

Temporada 18-19

As antiguas alumnas do Ceip Nº2 de Tui, Nuria e Gemma Martínez Fortuny, que comezaron a xogar a balonmán no C.B. Tui, xunto a porteira Begoña Otero de Caldelas, xogan na temporada actual 18-19, na máxima categoría do balonmán español, da man do Club Godoy Maceira Balonmán Porriño.

Na actualidade o Godoy Maceira Balonmán Porriño xoga na máxima liga española de Balonmán Feminina a División de Honra feminina. Neste, equipo xogan as 3 tudenses que cada fin de semana tratan de sumar o maior número de puntos posibles para o equipo.

Os vindeiros días 20,21 e 22 de Abril de 2018 o equipo viaxará a Málaga para disputar a copa da raíña. Desexamoslles o mellor a todo o equipo. Un orgullo que tres tudenses sigan cumplindo os seus soños no máis alto do balonmán español .

Aquí vos deixamos o enlace a varias entrevistas  que a prensa lles fixo a Gemma e Nuria para que vos animedes a xogar a balonmán e disfrutar de este deporte como levan facendo elas dende fai tantos anos. Noticia 1, noticia 2, noticia 3.

 

FOLLETOS DE AXUDA A NAIS E PAIS

Enlace ao Blog Familia y Cole, do orientador Jesús Jarque, para acceder á informacións uteis sobre diversos temas relacionados co coidado dos fillos.

 

Triatlón Tui-Porriño

Triatlón Tui-Porriño

Sábado 26 maio de 2018

 

Tui-Porriño.

 

O vindeiro sábado día 26 de Maio de 2018, terá lugar a proba de  Triatlón Tui-Porriño, a partires das 17:00h.

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui que imos participar na proba de apoio como voluntarios, invitamos a aqueles alumnos/as de 6º de primaria que queiran axudar e colaborar na proba como voluntarios que cubran a seguinte notiña. Os que participen terán que estar na zona da Marina de 16:00h a 18:30h aproximadamente.

III Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

III Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

As empresas QUALITÉ SPORT EVENTS S.L, e SRA. EMILIA AGENCIA DE COMUNICACIÓN Y PUBLICIDAD S.L, en colaboración coa  EUROCIDADE TUI-VALENÇA, organizan o vindeiro sábado 03 de Noviembre a III Edición da “URBAN TRAIL NIGHT – EUROCIDADE” 2 - SAIDA E CHEGADA. A saída darase o sábado 03 de noviembre ás 20:30 (hora española) dende a Avda. Miguel Dantas de Valença do Minho en Portugal e a chegada será no paseo da Corredera de Tui. Atoparedes máis información en:http://urbantrailnight.com/

Os alumnos de 6º do Ceip Nº2 de Tui xunto ao equipo de Deporte no 2, participarán como voluntarios no desenrolo da proba, unha sorte e unha satisfacción poder colaborar nesta proba. Os voluntarios do cole terán que estar ás 20:00h no centro Interfederado de Tui e rematarán sobre ás 22:00h cando remate a proba. Moitas grazas a todos por colaborar.

 

Deporte en Tui. Club Balonmán Tui

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a xogar a  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 25 de Novembro de 2018, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo de Salceda B. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: C.B.Tui-Salceda B: 6-1/3-1/10-2/9-4

Moi bo partido, onde o equipo de Tui foi superior e gañou. Noraboa equipo.

 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas



by Dr. Radut