Skip to Content

Monthly archive

V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS

V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS

O pasado sábado 20 de outubro as profes Eli, Noe, Patri e Sara participaron na V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS, na que camiñaron 8kms terroríficos polos montes de Parderrubias e recibiron algún que outro susto no camiño, de iso se trataba.

Ao rematar, repuxeron forzas cun chocolate quentiño e chouripan!

CAMPIONATO DO MUNDO DE PATINAXE ARTÍSTICA

 

CAMPIONATO DO MUNDO DE PATINAXE ARTÍSTICA

Os pasados días (do 3 ao 13 de outubro) ven de desputarse na cidade francesa de La Vendée o Campionato do Mundo de Patinaxe Artística, no que a federación española obtivo, una vez mais, uns resultados excelentes.

Comezando pola categoría de Solo Danza, Natalia Baldizzione proclamouse Campiona do Mundo, pasando a ser historia desta modalidade.

En categoría Junior Masculina, Pau García tamén se proclamou Campión do Mundo, logrando remontar o terceiro posto acadado na execución do programa corto.

Na categoría Senior Masculina, Pere Marsinyach proclamouse Subcampión do Mundo.

Pasando xa a Modalidade de Grupos Show, en Grupos Pequenos o CPA L´aldea subiuse ao terceiro caixón do podio co seu fantástico programa “Tame me”. 

Nestes intres, cabe facer especial mención ao grupo Galego CPA Gondomar, que despois dunha fantástica actuación logrou acadar o séptimo posto.

 

Para rematar o campionato e colocar a guinda ao seu inmellorable palmarés, na modalidade de Grupos Show Grandes o CPA Olot proclamouse Campión do Mundo por decimosegunda vez co seu programa “Without options”, por diante do CPA Girona que logrou acadar o segundo posto do caixón co programa “Here I Am”.

 

 

V Andaina Arume de Malvas

V Andaina Arume de Malvas polos Muiños do Río Furnia.

Sábado 27 de Outubro de 2018

O Vindeiro sábado 27 de Outubro terá lugar a V Andaina Arume de Malvas polos Muiños do Río Furnia. Será gratuita para tod@ aqueles nen@s que se animen a participar.Haberá xogos populares, merenda de abondo e algunha sorpresa. Dende o Equipo de Deporte no 2 animamos a todas as familias a participar nesta proposta de actividade que sirve para promover un estilo de vida saudable e feliz. Para anotarse pódese enviar un e-mail a: arumedemalvas@gmail.com ou chamar ao teléfono: 655602787

 

Menús 2018/19

 

PINCHA ENRIBA DAS IMAXES PARA VER OS MENÚS DE COMEDOR

 

 

                                    

  SETEMBRO

   FEBREIRO                

 

  OUTUBRO    

   MARZO

   NOVEMBRO

   ABRIL

 

   DECEMBRO

  MAIO

   XANEIRO

   XUÑO

Consello Escolar curso 2019/20

 

Adxúntase documentación relacionada coa renovación parcial do Consello Escolar 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

III Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

III Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

As empresas QUALITÉ SPORT EVENTS S.L, e SRA. EMILIA AGENCIA DE COMUNICACIÓN Y PUBLICIDAD S.L, en colaboración coa  EUROCIDADE TUI-VALENÇA, organizan o vindeiro sábado 03 de Noviembre a III Edición da “URBAN TRAIL NIGHT – EUROCIDADE” 2 - SAIDA E CHEGADA. A saída darase o sábado 03 de noviembre ás 20:30 (hora española) dende a Avda. Miguel Dantas de Valença do Minho en Portugal e a chegada será no paseo da Corredera de Tui. Atoparedes máis información en:http://urbantrailnight.com/

Os alumnos de 6º do Ceip Nº2 de Tui xunto ao equipo de Deporte no 2, participarán como voluntarios no desenrolo da proba, unha sorte e unha satisfacción poder colaborar nesta proba. Os voluntarios do cole terán que estar ás 20:00h no centro Interfederado de Tui e rematarán sobre ás 22:00h cando remate a proba. Moitas grazas a todos por colaborar.

 

Camiño de Santiago. Ponte das Febres

Deporte en Familia.

Camiño de Santiago Portugués. Ponte das Febres.

Carolina de 6ºB e a súa familia, disfrutaron no mes de outubro de 2018 de este entorno natural excepcional e propóñennos disfrutar de deporte familia no Camiño de Santiago Portugués, no tramo da Ponte das Febres. Esta é unha zona moi fermosa, chea de vexetación autóctona, ao lado do río que está moi perto de Tui e que é unha oportunidade única para disfrutar en familia.

Grazas á familia de Carolina por facilitarnos esta información.

1ª Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença Domingo 14 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui

1ª Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença

Domingo 14 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui

O pasado domingo 14 de Outubro tivo lugar en Tui e Valença, a 1ª Carreira de Orientación Eurocidade. Foron varios @s alumn@s e familias do noso centro que se animaron a participar, entre eles os alumnos de 5º: Roque, Raúl, Gonzalo e Héctor, tamén se animaron Carolina de 6ºB e o seu pai, a familia Iglesias de Martina de 1º e Carmen de 4º, etc... Todos eles disfrutaron moito da proba, unha sorte poder disfrutar dunha proba de este tipo en Tui e unha sorte que todos os participantes o disfrutaran moito.

 Grazas ás familias de Carolina de 6ºB e de Carmen e Martina Iglesias Estévez por facilitarnos esta información.

Deporte en Tui

Deporte en Tui.

Pedro Hermida practica Sky Náutico no Miño.

O alumno Pedro Hermida de 4ºA deixannos unha imaxe impresionante da práctica de Sky Náutico en augas do Río Miño aquí en Tui, baixo a Ponte Internacional, onde o río é navegable. Este é un deporte en auxe dende fai algúns anos na nosa cidade e que cada vez proban e práctican máis aficcionados a este deporte. Pedro anímanos a probar e disfrutar de el, probade!.

 

Información facilitada pola familia de Pedro Hermida de 4ºA. Grazas

 

Deportes de aventura. Surf

Deportes de Aventura. Surf

O alumno Pedro Hermida de 4ºA, un gran aficcionado aos deportes de aventura, sobre todo ao Surf, quere compartir con nós unha imaxe inédita de este deporte na Praia América, coas Illas Cies de fondo. Este deporte podemos prácticalo na Praia de Patos, en Praia América, etc...Animádevos a probalo seguro que vos vai gustar.

 

Información facilitada pola familia de Pedro Hermida de 4ºA. Grazas



by Dr. Radut