Skip to Content

Monthly archive

DEPORTE ESCOLAR. Xornada de xogos Populares Ceip Nº2-Ceip Sobrada-Ceip Caldelas- Ceip Guillarei- Ceip Pazos- Ceip Nº2 Curso 17-18 Martes día 8 de Maio de 2018

 DEPORTE ESCOLAR.

 Xornada de xogos Populares

 Ceip Nº2-Ceip Sobrada-Ceip Caldelas-

 Ceip Guillarei- Ceip Pazos- Ceip Nº2

  Martes  día 8 de Maio de 2018

            O pasado martes, día 8 de Maio de 2018  tivo lugar no patio do Ceip Nº2 de Tui a Xornada de Xogos Populares cos ceips Nº2, Nº1, Sobrada, Caldelas, Guillarei- Pazos. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 12:00h, os cursos participantes foron 6ºA, 6ºB, 6ºC. Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasamos. 

      Agradecer a axuda dos profes dos outros colexios participantes, así como a presencia e axuda do Presidente da Federación Galega de Bolos, de Blanca e os seus compañeiros do club de Bolos Celtas Estviada de Baiona. Grazas a todos pola vosa axuda.

 

 

XIII Carreira Xóvenes Atletas. O Porriño 13 de Maio de 2018

XIII Carreira Xóvenes Atletas. O Porriño

 

13 de Maio de 2018

O pasado Domingo  día 13 de  Maio 18, pola mañá, tivo lugar a “XIII Carreira Xóvenes Atletas”, no centro de O Porriño estivo destinada os/as nenos/as nados dende o ano 2003 ata o ano 2015. Fomos 22 nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui os que participamos na mesma, o que fixo que nos concederán o 3 premio en número de participantes, ademáis tódolos participantes tivemos medalla e varios, tamén tivemos trofeo . Noraboa a todos por animarvos a participar.

 

 

 

O equipo Benxamín do Club Baloncesto Tui Subcampión da Liga 17/18

O equipo Benxamín do Club Baloncesto Tui

Subcampión da Liga 17/18

 

            O equipo Benxamín do Club Baloncesto Tui proclamouse o pasado domingo 13 de maio de 2018 subcampión de liga, no Cuvi en Vigo, quedando empatados a puntos co equipo campión, xa que non perderon ningún partido.

            O equipo formado por varios alumnos do Ceip Nº2 de Tui Diego, Roque e Brais de 4ºB, fixeron una temporada estupenda, da que temos que sentirnos moi orgullosos polo seu traballo ben feito.

Na xornada de onte xogaron tres partidos simultaneos, despois dos cales, a Federación procedeu a entrega de medallas.

            Dende o equipo do Ceip Nº2 de Tui queremos, trasladar ao equipo a nosa felicitación e Noraboa, aos xogadores, ao adestrador Javi Niño e a directiva e familia do Baloncesto Tui, polo gran traballo realizado.

            Información facilitada pola familia de Diego de 4ºB, xogador do equipo. Moitas gracias por compartir con nós esta gran noticia.

 

Triatlón Tui-Porriño

Triatlón Tui-Porriño

Sábado 26 maio de 2018

 

Tui-Porriño.

 

O vindeiro sábado día 26 de Maio de 2018, terá lugar a proba de  Triatlón Tui-Porriño, a partires das 17:00h.

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui que imos participar na proba de apoio como voluntarios, invitamos a aqueles alumnos/as de 6º de primaria que queiran axudar e colaborar na proba como voluntarios que cubran a seguinte notiña. Os que participen terán que estar na zona da Marina de 16:00h a 18:30h aproximadamente.

IV CAMPUS FÚTBOL C.D. CALDELAS

 

IV CAMPUS FÚTBOL  C.D. CALDELAS

VISITA A BALAIDOS

 VISITA A BALAÍDOS

 

As nenas e nenos de 4º fumos de visita o Estadio de Balaidos para ver as novas instalacións. Fixéronos unha visita guiada na que puidemos ver os trofeos do Celta de Vigo así como indagar na historia do celtismo. Pasámolo xenial o malo foi que non puidemos pisar o césped pero inda así puidemos tocálo e quedámonos co lema AFOUTEZA E CORAZÓN!

 

 

  

Anulamos a participación nas actividades deportivas de esta fin de semana

 O Ceip Nº2 de Tui únese aos tres días de Loito Oficial

decretado polo Concello de Tui.

 

Ante os graves sucesos ocorridos na tarde de onte ne Paramos, o Colexio Nº2 quere transmitir un testimuño de dor. Sentimos os danos padecidos por todas as vítimas, moitas delas petencentes á nosa comunidade educativa.

Esstamos á disposición das familias que precisen da nosa axuda.

Unímonos aos tres días de Loito Oficial decretado polo Concello de Tui. Durante estes días, non participaremos nas actividades deportivas nas que alumnado do centro estaba clasificado. Solicitaremos o cambio de datas destas actividades, se é posible. Moitas gracias pola vosa comprensión.

 

TENIS DE MESA 17-18

Tenis de Mesa 17-18.

Final Provincial. 27 de Maio de 2018

       Pavillón Municipal de Romarigo  (Cangas)

O vindeiro,  domingo día 27 de Maio,  vai ter lugar a  Xornada Final Provincial da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de  9:30h a 14:00h, da presente campaña Deportiva 17-18 no Pavillón Municipal de Romarigo en Cangas. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 8:30h e a volta será a carón das 14:30h. Todos os participantes clasificados terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Cangas directamente terán que estar alí ás 9:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Competición de Bádminton

 

DEPORTE ESCOLAR.

Competición de Bádminton Categoría Escolar (3º, 4º, 5º e 6))

                                              Curso 17-18

O Vindeiro sábado día 26 de  maio terá lugar a Final Provincial de Bádminton para alumnos de 3º,4º, 5º e 6º clasificados  na fase zonal de Bádminton, dita xornada terá lugar no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas. O horario dos partidos será de 10:00h a 14:00h.  Para participar  nesta xornada, o prazo de inscripción rematará o vindeiro martes día  22 de Maio.

 

 

Regata de Vilanova de Cerveira de Remo

 

 

Alex Lemos Campión  na Regata de Vilanova de Cerveira de Remo

O alumno de 3ºB Alex Lemos ven de proclamarse campión da regata de Remo de Vilanova de Cerveira en Portugal, o pasado 20 de Mayo de 2018. Alex que competiu na Regata de Remo na categoría Alevín, fixo unha gran regata alcalzando a medalla de ouro. Noraboa Alex, a seguir traballando duro.



by Dr. Radut