Saltar navegación.
Inicio

Blog infantil

Por Marisa
27/06/22

 

BOLSAS PARA  ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

para o curso 2022 - 2023

 

Axudas para alumnado con necesidades educativas derivadas dalgunha destas situacións:

  • - Discapacidade: acreditada mediante o correspondente certificado (igual ou superior ao 33%).
  • - Alumnado con trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a necesidades educativas especiais
  • - TDAH asociado a discapacidade ou trastorno grave de conduta.
  • - TEA.
  • - Altas capacidades.

 

Esta necesidade específica de apoio educativo deberá estar acreditada mediante:

  • - Certificado de discapacidade de, como mínimo, 33%.
  • - Certificado dun equipo de valoración e orientación / dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica / dun departamento de orientación, dependentes da administración educativa correspondente.

 Prazo de presentación:  ata o 30 de setembro de 2022.

 

Extracto da Resolución do 13 de maio de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2022-2023

 

Como solicitar esta axuda

Etiquetas:
Por mariacarrete
15/05/20

Hoxe, máis que nunca, a familia convértese no centro de todo o noso universo e é a ela, precisamente, á que lle temos que agradecer o noso benestar persoal.

Aquí vos deixamos un conto de Olga de Dios para que disfrutedes, como non podería ser doutra maneira neste día tan especial, en compañía da familia.

 

Etiquetas:
Por noelia
12/06/17

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL ESTAMOS MOI LEDOS, XA QUE HOXE DESCUBRIMOS UN LUGAR XENIAL, NO QUE O PASAMOS EN GRANDE. FIXEMOS UNHA SAÍDA A APÍPOLIS, E ESTIVEMOS ALÍ GRAN PARTE DO DÍA.

NON SÓ DESCUBRIMOS UN MONTÓN DE COUSAS NOVAS DAS ABELLAS, SENÓN QUE O PASAMOS EN GRANDE TODOS XUNTOS.

O DÍA FÍXOSENOS CURTO PARA TODO O QUE FIXEMOS. IMOS RESUMIRVOS UN POUCO EN QUE CONSISTIU.

DIVIDÍRONNOS EN 4 GRUPOS E IÁMONOS TURNANDO NAS ACTIVIDADES.

ASÍ MENTRES UNS SE METÍAN NA PEL DOS APICULTORES CUNS TRAXES CHULÍSIMOS , OUTROS RECORDABAMOS O APRENDIDO NO COLE VISITANDO A EXPOSICIÓN DAS ABELLAS, ONDE PUIDEMOS VER Á RAÍÑA NUNHA DAS COLMEAS.

OS DEMAIS GRUPOS, AMASAMOS E COCEMOS NO FORNO RICAS GALLETAS DE MEL, FIXEMOS UNHA EXTRACCIÓN DE MEL DUN PANAL E ELABORAMOS A NOSA PROPIA VELA, QUE TAMÉN PUIDEMOS TRAER PARA A CASA.

PASÁMOLO EN GRANDE E TROUXEMOS UN MONTÓN DE RECORDOS.

DEIXÁMOSVOS UNHAS POUCAS FOTOS PARA QUE VEXADES CANTO NOS DIVERTIMOS.

 

 
 
 
 
 
 
     
     
     
     

 

 

Etiquetas:
Por noelia
12/04/17

E POR FIN CHEGOU O DÍA NO QUE FOMOS A INDIANA BILL

OUTRO ANO MÁIS PASÁMOLO XENIAL TIRÁNDONOS POLOS TOBOGÁNS, SALTANDO, RINDO, PASEANDO ENTRE OS LABERINTOS... PERO SEN DÚBIDA UNHA DAS COUSAS QUE MÁIS NOS GUSTAN É QUE AS PROFES SE UNAN A NÓS Sorriso.

 

 

 

 

Etiquetas:
Por noelia
10/04/17

ALGUÉN, NON SABEMOS QUEN FOI, ESCONDEU POLO PATIO DO COLE UN MONTÓN DE OVOS DE CHOCOLATE, POLO QUE SAIMOS MOI CONTENTOS A BUSCALOS.

TIÑAMOS QUE SER RÁPIDOS, PORQUE FACÍA MOITO SOL, E O CHOCOLATE DERRETÍASE. NON QUEDOU RECUNCHO DO PATIO SEN MIRAR.

DESPOIS DE TANTA BÚSQUEDA MERECIAMOS UN PREMIO, POLO QUE NOS PUXEMOS A PAPAR UNS POUQUIÑOS. MMMM... QUE RICO ESTÁ O CHOCOLATE.

 

 

 

Etiquetas: