Saltar navegación.
Inicio

Bolsas, Axudas

CURSO 2022 / 2023

 

BOLSAS PARA  ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

para o curso 2022 - 2023

 

Axudas para alumnado con necesidades educativas derivadas dalgunha destas situacións:

  • - Discapacidade: acreditada mediante o correspondente certificado (igual ou superior ao 33%).
  • - Alumnado con trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a necesidades educativas especiais
  • - TDAH asociado a discapacidade ou trastorno grave de conduta.
  • - TEA.
  • - Altas capacidades.

 

Esta necesidade específica de apoio educativo deberá estar acreditada mediante:

  • - Certificado de discapacidade de, como mínimo, 33%.
  • - Certificado dun equipo de valoración e orientación / dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica / dun departamento de orientación, dependentes da administración educativa correspondente.

 Prazo de presentación:  ata o 30 de setembro de 2022.

 

Extracto da Resolución do 13 de maio de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2022-2023

 

Como solicitar esta axuda

Distribuir contido