ACTUALIZACIÓN PROTOCOLOS- XANEIRO 2022
Unha vez recibida a información da Consellería de Sanidade sobre os novos protocolos de xestión epidemiolóxica ante a aparición de casos de COVID-19 en centros educativos, destacamos a continuación os aspectos principais a ter en conta:
• Ante a aparición dun caso positivo no ámbito familiar debedes seguir as indicacións xa existentes para a poboación xeral. Se o alumno/a é contacto estreito dun positivo familiar debe gardar corentena, agás os/as vacinados/as con pauta completa e ou aquelas persoas que superaran a infección por COVID-19 nos últimos tres meses.
• No ámbito escolar recibimos estas novas indicacións. Cando un alumno/a é positivo por COVID-19, ben por unha PCR, ben por proba de antíxenos realizada polos servicios de saúde ou ben por un autotest de antíxenos realizado na casa, a familia deberá:
- Chamar ao 881 54 00 45 ou cubrir o formulario de autotest positivo nesta ligazón (ver páx. Web do centro).
- Comunicalo ao centro 886 15 19 68 ou ao coordinador COVID.
- Os casos confirmados de positivo por COVID-19 deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tiveran síntomas durante polo menos os 3 últimos días da infección, poderán reincorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento. Non se requirirá en ningún caso proba algunha para reincorporarse ao centro. A reincorporación non poderá realizarse cando aínda se manifesten síntomas.
A partir de agora non se identificarán os contactos estreitos no caso dun positivo por COVID-19 no centro, polo que non se realizará corentena agás nos casos de alumnado especialmente vulnerable por motivos de saúde. Os compañeiros e compañeiras da escola non serán notificados como contactos estreitos dun caso positivo. O centro informará preferentemente a través da app ABALAR MÓBIL, a aparición dun caso positivo na escola para que realicedes unha vixilancia dos menores durante un período de 10 días non que cabe destacar a necesidade de:
- Extremar as medidas de prevención.
- Evitar o contacto con persoas vulnerables.
- Reducir as interaccións sociais non esenciais.
Sempre que haxa 5 ou mais casos confirmados nunha contorna específica do centro(Considerarase a mesma contorna: un aula, unha liña específica do transporte escolar, unha quenda concreta de comedor ou dunha actividade extraescolar) ou un 20% ou máis de casos positivos relacionados con esa contorna nun período igual ou inferior a 7 días, o centro poñerase en contacto coa Central de Seguimento de Contactos (CSC 981 21 90 16) e serán eles quenes tomarán as decisións pertinentes.
O alumnado en corentena será atendido de forma telemática, como indica o Plan de Continxencia do Centro.
Apelamos máis que nunca á responsabilidade individual polo ben de toda a Comunidade Educativa e ante calquera dúbida contactade co centro nos teléfonos indicados anteriormente. Moito ánimo ante esta situación e grazas pola vosa colaboración.