Intervención nas dificultades da lectura e a escritura

Tal e como sucede coas dificultades no cálculo, das que falabamos neste artigo, as dificultades na lectura e a escritura supoñen unha realidade que afecta a gran parte do alumnado dos centros. A veces, estas dificultades non impiden que o alumnado poida ir facendo as tarefas con normalidade, pero noutras ocasións fan que as actividades escolares supoñan un esforzo tal que conducen ó alumnado afectado a darse por vencido ou a situacións de gran cansancio.

Unha proposta inclusiva

A resposta que os centros deben dar á diversidade dos alumnos debe vir da eliminación das barreiras de aprendizaxe, e non de tratar de "curar" déficits. Unha vez que detectamos a natureza da dificultade, podemos deseñar a estratexia correspondente.

Exemplos

O primeiro exemplo está destinado a proporcionar unha práctica diaria das palabras de uso máis frecuente, para reducir o número de erros que se comete ó escribilas. Pódese usar case en calquera curso de primaria. O xogo ofrece unha serie de palabras ás que lle falta algunha letra, e o alumnado ten que escoller cal é a letra que falta. O xogo vai cada vez máis rápido, e cada vez que se sube de nivel, consíguese unha insignia.

Ver a pantalla completa

O seguinte exemplo está destinado ó alumnado nas primerias etapas da lectoescritura, cando está aprendendo o nome das letras. Os personaxes din unha letra e hai que pinchar na letra que se escoita.

 

Ver a pantalla completa

Este outro xogo interactivo permite practicar as sílabas máis elementais a aquel alumnado que atopa máis dificultades. Escóitase unha sílaba e hai que escoller a grafía correcta.

 Ver a pantalla completa

Estes tres exemplos son xogos interactivos que se poden utilizar tanto na aula como na casa, destinados á práctica repetitiva de cousas que se teñen que memorizar. O seguinte exemplo vai máis alá. É a proposta dun proxecto de aula, ou de centro, no que o resultado final será a publicación de materiais: libros, blogs, wikis, etc. Pódese chamar, por exemplo, "a fábrica de libros". O eixe central do proxecto é un panel "kan ban" organizado en tres seccións:

Kanban fabrica de libros

- IDEAS: nesta sección do panel pegaranse ideas en bruto, según se conciben. É ideal utilizar anaquiños de papel, post-it ou similar. Todas as ideas valen, non se xulgan. En calquera momento libre entre outras tarefas o alumnado pode poñerse a elaborar algunha idea para esta sección. Pode ser unha idea para un personaxe, para un paisaxe, para unha historia... o que sexa. É o lugar da creatividade.

- BORRADORES: esta é probablemente a sección máis importante. Nela redactarase algunhas das ideas da sección anterior. É importante comprender que esta é a parte máis importante do proceso de redacción, e que os borradores deben ser reorganizados, corrixidos, discutidos, ampliados, reducidos, ... Hailles que adicar tempo ata que estean preparados para formar parte dun libro. A redacción dun borrador é unha actividade ideal para a clase de lingua, aínda que tamén podemos adicar tempo de ciencias sociais, por exemplo, en caso de que algún borrador sexa un texto que fala de historia, ou de xeografía... Os borradores tampouco se descartan. Sempre pode haber material sobre o que traballar.

- MATERIAIS FINALIZADOS: Cando xa temos os borradores moi traballados, podemos escoller un para editalo, preferentemente no ordenador, seleccionando marxes, posición do texto, tamaño da fonte, posición das imaxes, etc. Neste punto sí que se deben establecer uns criterios que hai que cumplir: orde, estética, etc.

É moi importante que mediante este proxecto cada alumna e cada alumno poida escoller algo para facer que o motive. As posibilidades son infinitas: debuxar, escribir, traducir, corrixir... Incluso se podería facer cancións, videos, etc, a partir do material que vaia aparecendo na sección de "ideas". Para que o proxecto brile, o tempo adicado na aula deberíao organizar cada participante, sempre coa supervisión da persoa titora. Búscase tamén, desde a filosofía do deseño universal, que calquera poida participar nos produtos finais, sexan cales sexan as súas capacidades. Non hai por que pedir a ninguén nada máis alá do seu potencial.

Os materiais finais poden ser difundidos, dependendo da súa natureza, na páxina web do centro, impresos en papel, ... Trátase do que eu chamo un proxecto "estrutural", que dura todo o curso e que serve de tronco común no que poden encaixar outros proxectos. Por exemplo, un proxecto de horto escolar, no que unha das actividades é elaborar un diario.

Ademais deste tipo de actividades de práctica, non se pode esquecer a importancia do hábito lector para o desenvolvemento da competencia lingüística, tanto en xeral, como máis en concreto na súa parte escrita. Para elo, a idea clave é facilitar que xurda o interese por ler, pero tamén asegurarse que existen oportunidades para facelo. É esencial lembrar que non podemos deixar caer nas familias e nas casas a responsabilidade da lectura. Isto faise moi habitualmente, trasladando como deberes as lecturas.

Para lograr estes obxectivos existen algunhas estratexias contrastadas tanto pola investigación educativa como pola práctica. Unha delas é asegurarse de que o alumnado dispón ó seu alcance de modelos de persoas adultas que len con frecuencia. Ademais, vense demostrado (por exemplo, por Krashen), que proporcionar tanto libros como tempos para a lectura libre por pracer provoca un efecto positivo forte no hábito lector do alumnado. Sen esquecer que estas lecturas deben ser libres, pódense complementar con outras compartidas, nas que se deseñan actividades de motivación, de lectura individual, e de compartir o que se leu.

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario