CHARLA SOBRE A "PAC".
En novembro, un axente de Unións Agrarias, veu ao Colexio a falarlles aos alumnos de 5º e 6º de educación primaria sobre a PAC (Política Agrícola Común).
Con películas, fotografías e láminas sobre o tema, explicoulles aos nenos e nenas en que consiste a PAC; que non é outra cousa máis que a política agrícola que segue a Unión Europea para que as zonas rurais sexan viables, con medidas para afrontar retos mediambientais como o do cambio climático, a xestión hidrolóxica, a bio enerxía e biodiversidade.
Tamén lles explicou que a PAC non só funciona a nivel da UE, senón tamén a nivel mundial.
Ao final da charla estableceuse un coloquio, no que os alumnos e alumnas tiveron cumprida resposta ás súas dúbidas sobre o tema en cuestión.
Un día máis no que o centro puxo a disposición dos alumnos máis información sobre o medio no que viven.